TRABALLAMOS O OUTONO
10 Nov 2011
Os/as nenos/as da AULA DAS PANDEIRETAS querémosvos dar a benvida a todos e a todas.
Na aula de 2-3 pequenos, foron moitas as cousas que fixemos dende que se iniciou o curso. Unha vez, pasado o periodo de adaptación, que por certo, a algún e a algunha de nós, nos custou un pouquiño, comezamos a traballar O OUTONO.
Dentro deste tema, traballamos moitas cousas e fixemos diferentes actividades, as máis destacables foron estas:
- Na vendima, pisamos as uvas descalzos/as.
- Manipulamos follas e probamos diferentes froitos desta época, como as castañas, noces,…ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!
- Traballamos coa cor amarela, celebramos o magosto e, tamén, o samaín.
- Xogamos e manipulamos o millo. Sen dúbida, esta foi unha das actividades que máis nos gustaron e na que todos e todas nos implicamos moito.Unha vez debullado o gran das espigas, manipulámolo facendo transvases, vaciamos, enchemos…en todo tipo de recipientes(botes, vasos,…).
Esperamos que vos gustase e non queremos despedirnos sen darvos as grazas, porque sempre estades dispostos a axudarnos cando pedimos a vosa colaboración.
Un saúdo e ATA A PRÓXIMA!!


















