Así coñecemos o noso corpo…
17 Nov 2011
Esta é a primeira vez que o grupo das trompetas subimos fotos das actividades que levamos a cabo na aula, somos os maiores do cole e aínda que nos custou un pouquiño arrincar, o período de adaptación xa está máis que rematado e por fin gozamos de cada momento da xornada.
Estivemos traballando o Outono mediante diferentes actividades ( a vendima, vaciado de cabazas, manipulación de follas e froitos, o magosto…) pero esta unidade xa finalizou e agora tócanos coñecer o noso corpo.
Que mellor forma de coñecer o noso corpo que a través da experimentación co mesmo. Para isto as nosas profes nos propuxeron diferentes acticividades. Un día maquillamos a nosa cara, diferenciando as diferentes partes da mesma, algúns pintáronse os beizos, outros os ollos, o nariz,,,,e algún/algunha máis atrevido/a pintouse toda a cara!! Tamén nos pintamos as unllas das mans que sen dúbida foi a parte que máis nos gustou pintar, tanto que algún de nós non as quixo borrar en toda a semana, tendo medo incluso a lavar as mans por se se borraban!
Certo día chegamos a aula e a profe mandounos espir, non sabíamos moi ben para que. A aula estaba diferente do resto dos días, había moito espazo libre e soamente había uns papeis no chan, outro na parede e unhas bandexas con pintura de diferentes cores. Non había nin pinceis, nin rodillos, nin nada,,,,entón..con que pintamos?? Co noso corpo?? Pois sí, estas profes tolearon!! Ó principio algún de nós estaba un pouco cohibido pero pronto nos soltamos e gozamos da actividade como o que máis. Comezamos pintando as mans, seguimos por diferentes partes do noso corpo,comprobando que a nosa pel ía cambiando de cor, pintamos as costas dos nosos compañeiros (eles mesmos non podían), mostrando respecto cara ós compañeiros/as os que non lles apetecía pintarse, plasmamos as nosas mans e os nosos pés no papel, se pisábamos no chan deixábamos pegadas. Foi moi divertido!! E despois de todo isto unha ducha ben quentiña.

























