BENVIDOS A AULA DOS TAMBORES
03 Nov 2011
Este ano a aula de 1-2 anos é a aula dos tambores, as suas responsables somos Sara e Rocío, queremos darvos a benvida ó blogue onde vos amosaremos periodicamente o que fan na escola os-as vosos cativos-as, ainda que temos moitos momentos especiais e inolvidables que non son recollidos.
Decirvos que tendes uns fillos-as maravillosos, moi traballadores e sobre todo moi, moi mimosóns!!! cos da gusto vir a traballar, disfrutar da sua compaña, rir cas suas ocurrencias, sorprendernos cas súas habilidades e as veces enfadarnos por ser tan “tercos” e non escoitar o que lles dicimos.
Velaquí vai unha pequena mostra do que levan feito dende o principio de curso.
Os primeiros dias foron de choros, sesta, incertidrumbre para uns e de non saber para outros.
Despois chegou o outono, OHHH!!! si que o empezamos a pasar ben,xogamos cas follas, cos froitos, esborranchamos…. viñeron as uvas, HUMmmmm!!! que boas, esmagamolas, pintamos con elas….
Durante unha semana a escola estivo abandeirada pola cor amarela polo que aproveitamos a traballar co millo, QUE DIVERTIDO!!! xa somos uns expertos desfollando e debullando as espigas, ademais cru non está nada mal. Fixemos tamén un taller de papel CU-CU !!!…. quen se agocha detrás da cortina?
Por último chegou o SAMAIN e ademais de manipular e valeirar as tradicionais cabazas, pasamolo en grande coas PANTASMAS…..UUUUUUU!!! quen dí medo? ja,ja.
Esperamos que vos gustase. Un gran saudo e ata dentro dunhas semanas



























