UNHA AGARIMOSA DESPEDIDA…
04 Abr 2011
Papis e mamis, na nosa escola estes días vivimos uns momentos bastante tristes xa que 3 nenos-as se despediron de nós por diferentes motivos. Na aula verde Aïcha tivo que irse da escola por motivos de saúde xa que a pobre sempre estaba maliña e a súa saúde é o primeiro. Tamén marchou a terremoto de Kiara e a escola non parece a mesma sen a súa vitalidade contaxiosa. Por último queremos facer unha mención especial para un neno Iago que está pasando por un momento un pouco duro de saúde pero sabemos que é moi forte e que vai superar sen problema este duro trago. As profes queremos enviar un forte abrazo á súa familia e mandar en el todo o noso cariño e forza para que dentro de pouco todo isto quede nun mal recordo e todos volvamos a sonreir. Forza Iago ti podes!!!
Para todos eles mostramos estas fotos en recordo dos nosos pequechos e pequechas xa que cada un deles deixou unha pegada importante nos nosos corazóns. Bicos para todos e todas..











