O nadal xa rematou pero na escola este ano viviuse con moita intensidade. Primeiro porque a decoración do centro foi realizada polas familias que a través dun taller de pais fixeron todo tipo de adornos de nadal e tamén os colocaron polo patio. A verdade é que traballaron moito e se merecen un recoñecemento pola nosa parte polo seu esforzo. Grazas familias.
Despois como todos os anos celebramos na escola a festa de nadal. Este ano tamén tivemos a visita do Pai Nadal e además as profes nos prepararon un precioso conto no teatriño de sombras, “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”, co que cantamos todos xuntos iso de “O tren de Martiño, chu, chu, chu…”
Para finalizar comemos e bailamos ata o final. Pasámolo moi ben todos xuntos coas nosas familias. Grazas papis e mamis por compartir con nós un pedaciño da nosa vida escolar.
Queridas familias:
Un ano máis vos queremos mostrar o desfile que levamos a cabo o pasado 4 de Marzo. Como todos sabedes en Salceda vívese o entroido intensamente e por iso quixemos formar parte desa pequena-gran festa xunto co resto dos coles do Concello.
Este ano as nosas crianzas levaban como temática “O Parchís”, o cal está presente no noso día a día na escola. Cada aula representaba unha cor do parchís, as profes representaban os dados e os cubiletes, e o tractor, onde ían os bebés, representaba o noso taboleiro.
Todo este traballo non sería posible sen a colaboración das familias, tanto na elaboración dos diferentes disfraces como na axuda prestada o día do desfile. Por iso dende a escola queremos darlle as grazas pola ilusión e o esforzo que puxeron nesta tarefa. Tamén queremos agradecer moi especialmente a Julio, o conductor do noso tractor, que todos os anos participa encantado nas nosas propostas.
Foi un día moi intenso e de moito nerviosismo que ó final resultou moi gratificante para todas e todos. Aquí tendes unha pequena mostra do que aconteceu ese día.