REMATOU UNHA ETAPA
27 Xun 2011
Este ano na nosa escola rematamos unha etapa moi significativa para todas nós. A nosa andaina comezou no ano 2008 cando cargadas de ilusión, esforzo e ganas de traballar abrimos as portas da nosa escola para deixar entrar nela un ramillete de pequechos e pequechas que viñan igual ca nós sen saber moi ben que ía saír de todo aquelo. Con eles viñan as súas familias con mezcla de sentimentos, inquedanza, inseguridade, ilusión e por que non dicilo un pouco de medo de entregar o seu ben máis prezado a un grupo de rapazas das que non sabían nada, que na súa vida miraran e nun centro novo que abría as súas portas para eles. O que as familias non sabían e os nenos tampouco é que nós tamén tiñamos moito medo de levar a cabo aquela empresa tan importante, e que dentro de cada unha de nós os nervos estaban a flor de pel.
Comezamos o curso 2008-2009 cuns bebés moi pequechos, tres mesiños nada máis, que nos miraban coas súas cariñas doces e que confiaban nos nosos coidados. Xiana, Guillermo, Luis, Andrea, Nerea, Anxo,…, que botaron con nós os seus primeiros dentiños, as súas primeiras risas, deron os seus primeiros pasos, colleron as súas primeiras rabietas, deron os seus primeiros bicos e os seus choros, comezaron a dicir as súas primeiras palabras e a chamarnos polo nome,…
Tantas e tantas cousa vividas con eles durante estes tres anos que sería moi difícil enumeralas todas. Por iso todos comprenderedes que nos sintamos un pouco abandoadas sabendo que este foi o seu derradeiro curso con nós. Cada neno e cada nena é especial e diferente. O noso traballo é o máis bonito do mundo. Ves traballar a un lugar no que sempre che reciben con sorrisos e bicos, que luxo!!!, onde aínda que tódolos días imos vestidas igual sempre algúen che dice o guapa que estás, un lugar onde as penas desaparecen envoltas en abrazos, onde os espazos cobran forza coa voz dos cativos-as, onde cada día é diferente ó anterior, non hai lugar para o aburrimento, onde o noso nome se di sempre de xeito diferente e de onde sales sempre cun sorriso nos beizos e mirando para atrás porque alguén te chama. Un lugar onde crecemos e aprendemos día a día, a escola infantil…
Por iso non podemos deixar de facer este pequena homenaxe a estas crianzas que abriron e puxeron en marcha con nós a escola infantil Salceda de Caselas e como non a todas as familias que ó longo desta etapa pasaron por aquí e convivron con nós desfrutando cada momento e participando activamente na vida da nosa escola coa súa ilusión e con ganas de facer cousas todos xuntos.
O equipo educativo vos desexa pequechos e pequechas unha vida cargada de bos momentos, alegría, saúde esperando que de agora en adiante collades o mundo entre as vosas mans. Sodes pequenos-as pero estades sobradamente preparados-as para enfrentarvos á vida que vos agarda. Nós quixemos poñer o noso grao de area e esculpir un pouquiño da vosa personalidade o mellor que soupemos. Seguramente co paso dos anos non vos acordaredes dos nosos nomes que tanto coreades agora, nin sequera das nosas caras mais estamos seguras de que levaredes sen sabelo un pedaciño de cada unha de nós dentro dos vosos corazóns.
Grazas ás familias e sobre todo grazas a vós nenos e nenas por ensinarnos a ser mellores persoas cada día e por deixarnos ter o privilexio de ter crecido con vós.
Un bico grande e todo o cariño do mundo de Puri, Paula, Belén, Nati, Fátima, Rocío, Sara Isa e Vane. E como non da persoa grazas a cal puidéchedes disfrutar dunha alimentación sá e equilibrada, a nosa cociñeira Mar.
E non queremos despedirnos sen enviar un forte abrazo á familia de Iago e para ti forza e adiante que ti podes pequecho. Muaaaaaaaaaaccc.













































































































































































