Escola Infantil de Toén (Enderezo, teléfono…)
A Escola Infantil de Toén consta de 3 unidades, cada unha delas ten ó seu cargo a 2 educadoras/es encargadas da educación e coidado das crianzas.
Cada unidade desenvolve a súa programación educativa ó longo do curso estando esta colgada no taboleiro de cada clase para que as familias poidan coñecer en todo momento o que están a traballar os seus fillos e fillas na escola.
Ademáis ó longo de curso realizamos outras actividades encamiñadas a acercar á escola diversas experiencias que enriquezcan o proceso educativo.
O noso enderezo postal é: Escola Infantil de Toén, R/ Ribadela s/n, Toén 32950 (Ourense). O enderezo electrónico: escolainfantil.toen@igualdadebenestar.org
E o noso teléfono: 988261254
