Arquivo de Febreiro de 2009
Escrito por calvario, o 25 Febreiro 2009 15:36
Xoves de entroido
Escrito por calvario, o 19 Febreiro 2009 15:59
Mércores de entroido
Escrito por calvario, o 18 Febreiro 2009 15:43
Martes de entroido…
Escrito por calvario, o 17 Febreiro 2009 17:50
Luns de entroido na Escola Infantil…
Escrito por calvario, o 16 Febreiro 2009 16:16
Seguindo as indicacións do Meco, mirade que guapas e guapos viñemos todas e todos á Escola Infantil.

E para o Martes:
“Se moito te queres divertir, cun zapato e calcetín distintinto en cada pé terás que vir”
O ANIVERSARIO DE DANIELA
Escrito por calvario, o 16 Febreiro 2009 15:48
Daniela, da aula das Xoaniñas, Xa ten 1 aniño!!
O pasado venres, aproveitando o bo tempo, saímos ao patio a celebrar o seu aniversario. Pasámolo en grande, cantámoslle Parabéns para ti e Daniela soprou a súa vela coma unha campiona. Mirade como disfrutamos!!

O MECO DI:
Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 18:21
Co entroido, unha tradición de Vigo. Entre todas e todos construímos un boneco xigante, O MECO. Aquí é moi coñecido, duante o entroido o Meco adícase a facer parodias e o Martes de Entroido o queiman na Porta do sol. Nós colocámolo na entrada da Escola Infantil e cada día nos deixará unha nova mensaxe. A ver que nos di! Pero primeiro, mirade que chulo nos quedou…

OLA, SON O BONECO MECO!!
Achégase o entroido, momento para disfrazarse, facer falcatruadas e pasalo pipa! Ao longo desta semana ireivos dicindo o que tedes que facer e todos e todoas vos tedes que atrever!!
MENSAXE PARA O LUNS 16: “Para divertir a toda a xente, trae un peitedado divertido e diferente!”
O DÍA DA PAZ
Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 17:48
Na Escola Infantil somos moi conscientes de que as crianzas son o futuro. Por iso, este ano o noso lema para o día da Paz foi: “Camiñando cara a Paz”, xa que todos xuntos podemos construír un futuro mellor.
Para celebralo, fixemos un enorme camiño no que as crianzas deixaron as súas pegadas…

E despois, pegámolo polo pasillo para que nais, pais, nenas e nenos fixéramos ese camiño simbólico cara a paz!

É inverno, que frío!
Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 10:30
Logo do Nadal, na galescola puxémonos a descubrir cales eran as principais características do inverno e a experimentar co frío.
En Galicia o máis destacado é a choiva, e este ano choveu un montón! Por iso, a clase dos Golfiños, saíu ao patio a xogar cos paraugas e logo fixeron un enorme paraugas entre todas e todos.

Coma foi un ano de moito frío e neve, os Parrulos fixeron un gran boneco de neve. Aproveitaron para xogar coa pintura e con papel de seda.

E as Xoaniñas, fixeron un enorme mural para darlle a benvida ao inverno. Que ben o pasaron deixando as súas manciñas simulando a neve.
Pero sen dúbida, a actividade que máis lles gustou foi a experiencia cos xeos… Primeiro, tinguimos a auga. Ás crianzas encantáballes ver como cambiaba de cor. Logo levamos os recipientes ao conxelador e ao día seguinte as/os nosas/os artistas adicáronse a pintar co xeo de distintas cores.
Sen dúbida, disfrutamos coma ananos!

XOÁN XA TEN 3 ANIÑOS!
Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2009 10:17

A finais de Xaneiro tivemos unha gran celebración, xa que Xoán cumpliu 3 anos! Todas/os as/os súas/seus compañeiras/os cantáronlle a canción de “Parabéns para ti”, sopramos as velas, xogamos coas sabas e cos globos e tamén cantamos e bailamos. Pasámolo moi ben na festa.
Parabéns Xoán e moitos bicos de todas e todos.





