Arquivo de Marzo de 2009

O ANIVERSARIO DE XOEL

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:22

O pasado venres, o noso amigo Xoel, da aula dos Golfiños estivo de aniversario, cumpliu 3 anos, e para celebralo, fixemos unha gran festa. Entre todas e todos, fixemos a coroa do homenaxeado, e Xoel trouxonos un regalo: coa súa mamá fixo un molinillo de vento con material de refugallo.

 Na festa, cantamos, bailamos e xogamos, sobre todo co molinillo novo.

 Moitisimas felicidades Xoel!!

A CESTA DOS TESOUROS

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:19

     Na aula das Xoaniñas, teñen unha cesta moi especial, coñecida coma “Cesta dos tesouros”. Trátase dunha actividade de exploración, na que temos un cesto de mimbre cheo de obxectos de uso cotiá, escollidos para proporcionar estímulos e propiciar o descubrimento e o desenvolvemento dos sentidos. Ás nenas e nenos encántalles, só hai que comprobalo…

IMOS DE EXCURSIÓN!

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:16

Enlazando cos temas que estábamos a traballar na Escola Infantil (as froitas e hortalizas, a alimentación), a aula dos Golfiños foise de excursión. Pero tratouse dunha saída moi especial, fomos de visita a unha froitería e ao Mercado do Calvario.
A media mañá, todas e todos nos preparamos para disfrutar dun día diferente. Agarrámonos á corda e fomos camiñando ata a froitería. Alí atopamos moitísimas froitas e hortalizas distintas; era impresionante ver todo aquilo.

Logo, seguimos camiñando ata o Mercado. Era moi grande e con todo tipo de tendas: carnicerías, charcuterías,… pero o que máis nos gustaron foron as peixeiras. Había peixes de todos os tamaños e cores. As peixeiras foron moi amables, ensináronnos os camaróns, as angulas e inclúso a boca dos peixes (unhas moi grandes e outras pequenas). Foi moi divertido!!

Moitísimas grazas á froitería e ás peixieras que nos deixaron visitalas!!

A HORTA DA GALESCOLA

Escrito por calvario, o 30 Marzo 2009 19:04

 Coa chegada do bo tempo, na Escola Infantil decidimos que sería moi interesante crear a nosa propia horta, onde plantaríamos diferentes hortalizas que logo podería utilizar Mónica, a nosa cociñeira. Para iso, todas e todos puxémonos mans á obra.

Primeiro tocou preparar a terra. Sachamos a zona a utilizar e logo desfixemos os terróns e sacamos as pequenas pedras que atopamos. As crianzas estaban moi implicadas no traballo.

 A aula dos Parrulos foi a primeira en utilizar a horta, e plantaron unha preciosa azalea para darlle máis color e vida á nosa Escola Infantil.

Logo, a aula dos Golfiños foi a encargada de plantar os tomates, as leitugas e os pementos e ata Mónica se animou a axudarnos.

 Non é por presumir, pero quedounos unha horta moi xeitosa!! E agora, a regar todos os días un pouquiño, para que medren moito e poder comer os tomates, os pementos e as leitugas da Escola Infantil .

 

TRABALLANDO COAS FROITAS E AS HORTALIZAS

Escrito por calvario, o 30 Marzo 2009 18:53

Na galescola somos moi conscientes do importante que é que as crianzas coman de todo, por iso decidimos que durante toda unha semana, as nenas e os nenos traballasen con todo tipo de froitas e hortalizas, e aquí tedes o resultado!

Á aula dos Parrulos leváronse diferentes tipos de hortalizas para que elas e eles as manipulasen e, por suposto, as probasen. Estaban todas e todos moi atentas/os e interesadas/os. Ademais tamén tiveron tempo para manipular e plantar lentellas. Foi moi interesante observar coma medraban… E como traballar con tanta comida levanta a fame, tocounos realizar un rico batido de fresas, que despois compartimos coas/cos compañeiras/os do cole.

Na aula dos Golfiños tamén traballaron moito, recoñeceron diferentes froitas e hortalizas (o seu nome, a súa forma, a textura…). Manipuláronnas, experimentaron con elas e ata fixeron un mural no que estamparon con elas. Ao igual que a aula dos Parrulos, tamén plantaron unha lentella, actividade que lles gustou moito porque foi todo un descubrimento ver coma dunha pequena semente, medraba unha bonita e forte planta.

O ANIVERSARIO DE FRANKO

Escrito por calvario, o 11 Marzo 2009 16:44

O pasado venres estivemos de celebración no cole, xa que Franco, da aula dos parrulos, cumpliu dous aniños. Pasámolo en grande e disfrutamos moito saboreando esta tarta tan rica!

VIVINDO O ENTROIDO!!!!!!

Escrito por calvario, o 10 Marzo 2009 16:40

Como a semana anterior ó entroido traballamos as artes plásticas, decidimos que os nenos e nenas da galescola se sentiran como uns grandes pintores. Para iso fixemos coa axuda dos pais/nais uns preciosos disfraces. Aqui está o resultado.

Como o Día 20 tiñamos previsto un gran desfile pola peonil do Calvario, fixemos un pequeno ensaio, polas rúas mais cercanas á galescola.

¡E CHEGOU O GRAN DÍA!, por fin puidemos lucir os nosos fermosos disfraces baixo a atenta mirada dos viandantes e dos nosos papis e mamis.

E para rematar, despedimos o entroido cunha gran festa de disfraces, á que viñeron os pais e nais e na que degustamos productos típicos desta data.

Grazas a papás e mamás pola vosa colaboración. Deica a próxima festa!

ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS!!!!!!!!

Escrito por calvario, o 5 Marzo 2009 09:02

Durante unha semana enteira, na galescola estivemos traballando as artes plásticas. Ademais de convertir a galescola nun museo, as nosas nenas e nenos convertíronse nuns maravillosos artistas.

Mirade canto traballaron

Comezaron traballando con aceite corporal e pasta

Seguiron con simetría e dactilopintura

Estampación

Outro día arrugamos papeis coas mans empapadas en pintura de dedos

Mirade agora que ben o pasaron pintando con iogur de chocolate, puxeronse as botas comendo nel

E por último, a actividade estrela, pintaron con chocolate líquido. Disfrutaron moitisimo e tamén se puxeron as botas