Arquivo do 31 de Marzo de 2009

O ANIVERSARIO DE XOEL

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:22

O pasado venres, o noso amigo Xoel, da aula dos Golfiños estivo de aniversario, cumpliu 3 anos, e para celebralo, fixemos unha gran festa. Entre todas e todos, fixemos a coroa do homenaxeado, e Xoel trouxonos un regalo: coa súa mamá fixo un molinillo de vento con material de refugallo.

 Na festa, cantamos, bailamos e xogamos, sobre todo co molinillo novo.

 Moitisimas felicidades Xoel!!

A CESTA DOS TESOUROS

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:19

     Na aula das Xoaniñas, teñen unha cesta moi especial, coñecida coma “Cesta dos tesouros”. Trátase dunha actividade de exploración, na que temos un cesto de mimbre cheo de obxectos de uso cotiá, escollidos para proporcionar estímulos e propiciar o descubrimento e o desenvolvemento dos sentidos. Ás nenas e nenos encántalles, só hai que comprobalo…

IMOS DE EXCURSIÓN!

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:16

Enlazando cos temas que estábamos a traballar na Escola Infantil (as froitas e hortalizas, a alimentación), a aula dos Golfiños foise de excursión. Pero tratouse dunha saída moi especial, fomos de visita a unha froitería e ao Mercado do Calvario.
A media mañá, todas e todos nos preparamos para disfrutar dun día diferente. Agarrámonos á corda e fomos camiñando ata a froitería. Alí atopamos moitísimas froitas e hortalizas distintas; era impresionante ver todo aquilo.

Logo, seguimos camiñando ata o Mercado. Era moi grande e con todo tipo de tendas: carnicerías, charcuterías,… pero o que máis nos gustaron foron as peixeiras. Había peixes de todos os tamaños e cores. As peixeiras foron moi amables, ensináronnos os camaróns, as angulas e inclúso a boca dos peixes (unhas moi grandes e outras pequenas). Foi moi divertido!!

Moitísimas grazas á froitería e ás peixieras que nos deixaron visitalas!!