Arquivo de Maio de 2009

Batalla de flores

Escrito por calvario, o 28 Maio 2009 08:32

En Vigo temos a tradición de facer unha batalla de flores polas principais rúas da cidade na festividade dos maios. Por este motivo, na galescola decidimos facer a nosa particular batalla cas nosas crianzas. Primeiro desmenuzámolas e logo disfrutamos un montón lanzándoas ao aire simulando así a BATALLA DE FLORES!!!

Aqui tedes unha boa mostra do ben que o pasamos!!!

Os parrulos e as xoaniñas manipulamos fiuncho.

Escrito por calvario, o 28 Maio 2009 08:16

Seguindo coa celebración dos maios a clase dos parrulos e as xoaniñas xuntámonos para experimentar co fiuncho: tocámolo, olémolo e ata houbo algún que se atreveu a  degustalo!!!!!

Celebramos os maios.

Escrito por calvario, o 27 Maio 2009 08:37

Co motivo da celebración dos maios na galescola decidimos que tiñamos que facer algo especial. En todas as aulas as crianzas manipularon e xogaron con pampillos e fiuncho, fixeron un gran mural cos pétalos das flores e como remate final organizamos unha gran batalla de pétalos de flores. Tanto as crianzas como todo o persoal da escola disfrutaron moitísimo así que esperamos que vos guste.

OS GOLFIÑOS XOGAMOS CON FLORES E FIXEMOS UN MURAL.

A aula dos golfiños e os nenos da tarde xogamos cos pampllos lles quitamos os pétalos para facer un mural para decorar a nosa clase, e quedounos moi bonito!!!!

GÚSTANNOS OS CONTOS

Escrito por calvario, o 14 Maio 2009 16:06

     Os contos son uns dos mellores amigos das crianzas; con eles poden soñar, imaxinar, divertirse…; por iso consideramos importante adicarlle todo un centro de interese.

As xoaniñas e os parrulos disfrutaron moito manipulando os contos e escoitando historias moi emocionantes.

A aula dos golfiños, adicou esta semana ao conto de “Garbanciño”, fixeron unha marioneta e experimentaron con grabanzos; Mirade! Mirade! 

     E coma actividade central, para celebrar o día do libro, preparamos unha obra de teatro, na que as educadoras foron as actrices para un público de luxo: as crianzas da galescola. Para isto as nenas e os nenos axudáronnos a preparar o decorado e despois a gozar do espectáculo. Pero unha imaxe, vale máis que mil palabras…

A nosa flor de primavera!!!!!!!

Escrito por calvario, o 13 Maio 2009 08:38

Para celebrar a chegada da primavera, fixemos entre todos unha flor xigante. Cada un de nos pintamos un pétalo e lle puxemos o noso nome. O resultado foi este…

¡Animamosvos a que creedes a vosa propia flor dos nomes

Feliz Aniversario Mario!!!!!

Escrito por calvario, o 11 Maio 2009 10:42

A semana pasada, Mario, da aula das xoaniñas, cumpliu un aniño. A sua mamá nos trouxo un bizcoito de choolate que estaba boisimo.

Desexamoste moitos parabéns Mario e que cumplas moitos mais.

Benvido Michel!!!!

Escrito por calvario, o 7 Maio 2009 10:28

O mes pasado, na aula de Xoaniñas entrou un rapaz novo. Chámase Michel, e vai a estar con nos ata final de curso. Adaptouse de maravilla e xa fixo moitos amiguiños.

Esperamos que se sinta coma na sua casa.

Un bico moi forte Michel.

Os primeiros pasiños de Sara

Escrito por calvario, o 6 Maio 2009 12:22

Fai un par de semanas que Sara, da aula das Xoaniñas, deu os seus primeiros pasiños ela sola.

Aquí tedes unha mostra, aínda que se cansou rápido.

Segue así Sariña!!!!!

Xa chegou a Primavera!!!!!

Escrito por calvario, o 6 Maio 2009 08:17

Por fin chegou a Primavera e con ela o sol e o bo tempo, así que decidimos facer un mural cheo de cores para celebralo.

Mirade como traballamos.

Parabéns Leire!

Escrito por calvario, o 6 Maio 2009 08:05

O pasado mes de Abril Leire da aula das Xoaniñas cumpliu o seu primeiro aniño. Convidounos a unha rica tarta e celebramos unha gran festa.

Desexamoste moitos parabéns Leire!!!!