Arquivo de Xuño de 2009

Marcha Álex

Escrito por calvario, o 30 Xuño 2009 16:26

   

  Despedimos a Álex da aula dos Parrulos que marcha para outra Escola Infantil, fixemos unha pequena festa na que tomamos xeado, que riiico! Tamén levou un agasallo para que se lembre dos seus compañeiros/as.

Festa Fin de Curso

Escrito por calvario, o 30 Xuño 2009 15:44

O pasado luns 22 de Xuño, celebramos a festa de fin de curso na galescola. Todos os nenos/as recibiron un diploma e os golfiños ademais celebraron a sua festa de graduación. Todos os pais estaban convidados e colaboraron con nos xa que nos trouxeron a merenda, coa que fixemos unha gran festa.

Agradecemos a colaboracion de todalas familias, e desexamosle os golfiños o mellor para a sua nova etapa.

Unha aperta moi forte para todos/as de parte de todo o equipo educativo.

Luz e Escuridade

Escrito por calvario, o 30 Xuño 2009 15:12

No mes de Xuño, na aula das Xoaniñas, traballamos a luz e a escuridade. Fixemos moitas actividades, nos agochamos baixo sábanas, xogamos a pita coa luz apagada, xogamos con lanternas, en fin o pasamos xenial. Aquí tedes unha mostra do xogo con lanternas.

Como actividade final decidimos pintar sobre o panel de luz. Foi moi divertido e as xoaniñas disfrutaron moito xa que era a primeira vez que pintaban sobre outro material sen ser papel. Mirade que ben o pasaron.

XOGO HEURÍSTICO COS PARRULOS

Escrito por calvario, o 23 Xuño 2009 12:52

     Na aula dos Parrulos/as comezamos fai dúas semanas coas sesións de xogo heurístico e os nenos/as están encantados, exploran e combinan o material e van descubrindo por sí mesmos as propiedades dos obxetos( dimensión, volume, peso…) e tomando conciencia das leis da natureza( gravidade, equilibrio…). Na primeira fase da sesión están enfrascados totalmente nos seus descubrimentos, queda mellorar na segunda fase: a recollida, pouco a pouco!

 

¡Como medran as Xoaniñas!

Escrito por calvario, o 23 Xuño 2009 10:33

Na aula das Xoaniñas xa son moi maiores. Mario comezou a dar os seus primeiros pasiños, e Antía xa camiña soa. Aquí tedes unha boa mostra delo.

OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Escrito por calvario, o 12 Xuño 2009 13:03

     Durante dúas semanas, na galescola estivemos traballando os medios de transporte. Para iso solicitamos a colaboración das familias e cada nena/o trouxo da casa un xoguete relacionado co tema. Con eles fixemos uns recantos nos que xogaron libremente ao tempo que aprendían a compartir.

      Tanto os parrulos como os golfiños fixeron murais nos que saían distintos medios de transporte, traballaron un montón!

      Como Vigo é unha cidade moi relacionada co mar, adicamos unha xornada a traballar con barcos, mirade como flotan!

      A aula dos golfiños ademais tivo unha sesión de psicomotricidade na que dramatizaron os diferentes medios de transporte: foron coches, barcos, trens,… E xa para rematar, traballaron a educación vial a través dun circuito montado no patio, no que a prioridade foi que interiorizaran o significado do semáforo así coma a importancia de cruzar utilizando os pasos de peóns. Que ben o pasamos!

OS INSTRUMENTOS

Escrito por calvario, o 5 Xuño 2009 16:01

    Na aula das Xoaniñas traballaron no mes de Maio os instrumentos, pasárono moi ben manipulando e escoitando os distintos sons que producían. Logo elaboraron unha maraca coa que tocar na casa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Tamén nos deu tempo a facer un marco para a foto da nosa familia, que bonito!

 

Aniversarios dos golfiños

Escrito por calvario, o 5 Xuño 2009 15:47

No mes de maio na aula dos golfiños cumpliron tres anos: Hugo P., Sofía, Livia e Camilo. Para celebralo fixemos unha gran festa e mirade que tartas máis ricas!

Cultura Galega

Escrito por calvario, o 4 Xuño 2009 15:54

Na aula dos Golfiños estiveron aprendendo cousas da nosa cultura, introducíronse no mundo da música con distintas actividades como tocar con cunchas de vieira mentras cantaban, observar as diferentes partes dunha gaita e remataron con un concerto desta. Tamén se animaron a tocar, canto hai que soprar!

Dia da familia

Escrito por calvario, o 3 Xuño 2009 16:04

   Os Golfiños tamén festexamos o Día da Familia observando a nosa foto familiar na aula. Logo fixémoslle un fermoso marco para levar de agasallo ese día.