Arquivo de Xuño de 2009

A FAMILIA

Escrito por calvario, o 3 Xuño 2009 16:04

   Na aula de Parrulos/as traballamos na primeira quincena de Maio  a Familia amosándolle os nenos/as os distintos tipos de familia que hai no mundo, cantándolle cancións referidas a este tema, xogando cos títeres que a representan e elaborando un agasallo para levar para a casa o Día da Familia.  

    Fixeron unha casiña que decoraron con moita ilusión pois nela colocaríamos a foto da súa  valiosísima familia.

   Na entrada colocamos un mural no que aparecían algúns dos valores que se deben potenciar nesta, mirade como decoramos o mural,que bonito

  

Sara xa ten un aniño!!!!

Escrito por calvario, o 2 Xuño 2009 09:14

O pasado mes de Maio Sara, da aula das xoaniñas cumpliu o seu primeiro aniño. Celebramos unha gran festa con todolos/as nenos/as da Escola Infantil, pasámolo xenial.

Moitos parabéns Sara, e que cumplas moitos mais!