Arquivo de Xullo de 2009

OBRADOIRO DE XELATINA

Escrito por calvario, o 28 Xullo 2009 13:20

Coa chegada do verán, na Escola Infantil realizamos un apetitoso obradoiro de xelatina!

Presentámoslle ás crianzas diversos sabores de xelatinas, para que elas e eles experimentaran con ela, para que a probasen, a manipulasen e comprobasen todas as posibilidades que lles ofrecía. Primeiro deixamos que exprimentasen libremente e coas mans…

Logo introducimos diferentes utensilios para que continuasen explorando…

Cando remataron a actividade tocaba lavarse, e que mellor forma que todas e todos xuntos na mesa de auga. Disfrutaron un montonazo!!

Esta actividade tivo moito éxito porque as crianzas foron totalmente libres á hora de experimentar. Comprobamos ademais que nenas e nenos que eran reacias/os a tocar a xelatina coas mans, unha vez que se lle presentaban os distintos obxectos, non tiñan reparos en participar. Alegrámonos moito de que disfrutasen tanto!

Logo

UNHAS VISITAS MOI ESPECIAIS…

Escrito por calvario, o 16 Xullo 2009 10:16

Na galescola tivemos unhas visitas moi especiais. A tartaruga Leo e unha parella de parrulos viñeron de visita!

A tartaruga Leo primeiro visitou ás Xoaniñas e aos Parrulos. Tivemos reaccións de todo tipo! A continuación foron á aula dos Golfiños, que disfrutaron moitísimo con ela.

Noutra ocasión, visitaronnos unha parella de parruliños, eran tan bonitos!! As nenas e os nenos da galescola querían collelos, abrazalos, darlles de comer,…

 

RECICLAMOS

Escrito por calvario, o 16 Xullo 2009 09:28

     Conscientes da importancia que ten coidar o medio ambiente, na Escola Infantil decidimos adicar un centro de interese a reciclar.

     Para iso, as crianzas da aula dos Parrulos e dos Golfiños, manipularon diferentes materiales, coñeceron os distintos tipos de colectores e clasificaron os materiais.

     Ademais, a aula dos Golfiños creou un “Punto verde” na entrada da Escola Infantil para poder reciclar coas súas familias. As crianzas ensinaron moi ben ás súas nais e pais:

     Unha das actividades que máis disfrutaron as crianzas, foi o obradoiro de papel. Mirade todas as posibilidades que atoparon…