Arquivo do 6 de Agosto de 2009

OBRADOIROS DE VERÁN

Escrito por calvario, o 6 Agosto 2009 14:54

Durante o mes de Xullo adicámonos a facer moitos e diversos obradoiros. Aquí tendes unha mostra deles:

  • Obradoiro de cociña: Todas e todos colaboramos para elaborar unha sobremesa moi especial: unha “tarta de galletas”. Estaba riquísima!
  • Obradoiro de fariña e colorante alimenticio: As crianzas experimentaron con diferentes estados da fariña: primeiro seca e logo engadímoslle o colorante. Coa masa resultante puideron manipulala, comela, estirala,… Foi a mellor plastilina posible!
  • Obradoiro de pintura: Presentámolle diferentes obxectos (pinceis, esponxas,…) e cores para que as crianzas deran renda solta á súa creatividade. Fixeron unhas obras de arte chulísimas!
  • Obradoiro de fariña: Cando todas e todos descubriron os montóns de fariña, a súa primeira reacción foi desfacelos e unha vez estivo por todo o chan, comezaron a facer trazos, montóns… é dicir, construíron o seu propio mundo en base aos seus intereses.
  • Obradoiro de auga: Sen dúbida o obradoiro estrela do verán é este, xa que nenas e nenos disfrutan moitísimo experimentando coa auga, trasvasando e chapoteando.
  • Obradoiro de pasta: Primeira sesión deste obradoiro no que comprobamos que ao principio as crianzas adicábanse a comer a pasta, pero pouco a pouco animáronse a manipulala e descubrir todas as posibilidades que lles ofrece.

E agora, só queda disfrutar coas imaxes! Esperamos que vos gusten!!!

blog-actv-veran