Arquivo de Febreiro de 2010

ANIVERSARIO DE EDU

Escrito por calvario, o 19 Febreiro 2010 17:34

Hoxe festexamos o aniversario de Edu, xa ten tres anos! Estaba contentísimo coa súa coroa a soprou as velas da tarta mentras todos/as lle cantábamos: ” Parabéns para ti”.

MOITAS FELICIDADES !

Festa de disfraces coas familias.

Escrito por calvario, o 17 Febreiro 2010 17:48

O martes de entroido celebrouse na escola unha gran festa de disfraces na que participaron todas as familias.Xogamos, cantamos e degustamos, gracias á colaboración da ANPA, unhas ricas filloas, ourellas, galletas…

Dende aqui todo o equipo educativo queremos agradecer a todas a nosas familias pola súa colaboración, xa que todas estiveron moi atentas ó que o Meco mandaba e sobre todo por vir os obradoiros e festas organizadas na escola.

Tod@s elegantes.

Escrito por calvario, o 17 Febreiro 2010 17:28

Como o último mandato do Meco foi que todos viñeramos con garabata mirade que elegantes estivemos todos/as na escola.

XA TEMOS UN ANIÑO!!!!

Escrito por calvario, o 16 Febreiro 2010 13:02

Na aula de tartarugas festexamos unha chea de aniversarios:  xa teñen un ano Thiago, Xoán, Lucas e Candela!!

MOITOS PARABÉNS A TOD@S E QUE CUMPLADES MOITÍSIMOS MÁIS!!!

 

O noso entroido

Escrito por calvario, o 16 Febreiro 2010 09:04

Un ano mais, a festa do entroido chegou o noso cole con mais ilusión ca nunca. Entre os nenos/as e os papis e mamis preparamos o noso disfraz con moita ilusión para despois lucilo con moita gracia e salero polas nosas ruas.

Aqui vos poñemos unha pequena mostra de todo o que traballamos:

E despois de tanto traballar, chegou o gran dia, ¡que nervios!,nos vestimos, nos maquillamos, e coa gran axuda de protección civil, saímos a lucir os nosos marabillosos disfraces cantando unha murga moi particular. Mirade que guapos!

 

Como podedes observar alguns/as chegaron exaustos do desfile, eso é voa mostra de que o pasamos en grande.

Parabéns Beltrán

Escrito por calvario, o 15 Febreiro 2010 18:44

O pasado venres Beltrán da aula das xirafas cumpliu dous aniños. Nos trouxo unha tarta riquísima que tomamos de postre. Moitas gracias!!!!!

Desexamoste moitos parabéns e que cumplas moitos mais!!!

As mil e unha caras

Escrito por calvario, o 12 Febreiro 2010 18:31

O xoves fixemoslle moito caso o noso Meco , e comprobamos que cun par de pinturas as nosas caras podian estar sorprendentes.Aqui tedes unha mostra da imaxinacion que teñen os nosos papás e mamás.

 

E para o Luns: “Se non queres meter a pata, vente o Luns cunha garabata”

Aniversario de Daniela

Escrito por calvario, o 12 Febreiro 2010 18:21

A principos deste mes, Daniela da aula das xirafas cumpliu 2 aniños. Que ben o pasamos na sua festa de aniversario.

Moitos parabéns!!!!!!!!!!!!!

Aniversarios

Escrito por calvario, o 12 Febreiro 2010 18:18

Aqui vos poñemos unha composición de tódolos cumples que tivemos ata o mes de Xaneiro. Moitisimos parabéns a todos e que cumplades moitos mais!!!!!

O mércores…

Escrito por calvario, o 10 Febreiro 2010 18:34

Como observaredes a continuación, na escola fixémoslle moitísimo caso ás indicacións do Meco e hoxe viñemos espectaculares. Seríamos a sensación en calquera celebración…

 E para o xoves: “A túa cara transformarás, cun maquillaxe divertido e singular!”