Arquivo de Febreiro de 2010

Obradoiro de Iogur

Escrito por calvario, o 10 Febreiro 2010 10:10

Os mais pequenos realizaron un obradoiro de iogur co que disfrutaron moitisimo e experimentaron as diferentes sensacións que lle producia. Por suposto aproveitaron tamén para comelo, ¡MMMMMM que rico estaba!!!!

COA PAZ GAÑAMOS TODOS

Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2010 18:10

Este foi o noso lema para festexar o día da paz. A nosa pomba ferida recibiu moitos bicos dos nosos nenos e nenas. Esperamos que para o ano a pomba veña a visitarnos xa recuperada.

Obradoiro de xeos

Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2010 17:59

Para traballar a diferencia entre frio e calor, na clase das Xirafas decidimos pintar con xeos, ¡¡¡que experiencia tan fantastica!!!!. Experimentamos os cambios que sufriu a auga, dende o seu tinxido, ata a sua conxelacion. Unha vez convertida en xeos, observamos como se derretia ó pintar e posteriormente no lavabo o votarlle auga quente.

¡Que ven o pasamos!

Ata pronto Maykon

Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2010 17:53

Ainda que xa fai tempo que deixache o cole, publicamos estas fotos para que non te esquezas de nos.

Desexamos que sexas moi feliz na tua nova andaina, e que nos veñas a visitar moi pronto.

Un saudo moi forte das tuas profes e dos teus compañeiros/as.

O meco, mequiño di:

Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2010 12:53

Hoxe martes, viñemos todas e todos moi guapas/os ao cole cuns peiteados de diseño. Mirade que estilo tan ideal!

E para mañá: “Mañá mércores ao te levantar, do armario sacarás as cousas que nunca te porás”

CHEGA O MECO Á NOSA ESCOLA

Escrito por calvario, o 8 Febreiro 2010 10:38

Logo dun longo parón no noso blogue por non ter cámara fotográfica, comezamos a nova andaina neste curso 2009/2010.

Pouco a pouco iremos publicando as últimas actividades realizadas, pero o noso Meco non podía agardar máis para saír á festexar o entroido con nós. Como ven sendo tradición, o noso Meco da unhas ordes moi peculiares, que todas/os debes cumplir. Hoxe tivemos que vir todas/os vestidos de vermello (menuda ocurrencia!). E para mañá, que nos mandará?

“Mañá martes ao te peitear, algo divertido terás que crear”.

Aquí vos deixamos as primeiras imaxes deste ano. Disfrutádeas!