Arquivo de Marzo de 2010

PRIMEIROS PASOS DE EVA

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2010 07:28

NOTICIÓN: Por fin puidemos conxelar en fotografía a proba de que Eva xa sabe andar!! Agora é un “sen parar”!! Eva é feliz correteando por todos os espazos, non para de sorrir,..AQUI TEDES UNHA BOA MOSTRA DELO!!

MOI BEN PEQUENA!!

UN PARQUE PARTICULAR!!

Escrito por calvario, o 30 Marzo 2010 15:55

Na aula de tartarugas montamos un parque moi especial!!

Trasladamos coches, correpasillos, balancíns, pelotas, etc da sala de multiusos e disfrutamos a nivel particular de todo ese material!!

Tod@s nos movemos un montón nesta especial sesión de psicomotricidade!Andivemos, gatexamos, escalamos, pasamos por túneles, xogamos a pelota,… ¡QUE MAÑÁ MÁIS DIVERTIDA PASAMOS!

Se nos queredes ver, atendede ben á presentación de fotos que hai a continuación!! ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

CHOCOLATADA

Escrito por calvario, o 26 Marzo 2010 17:14

Na aula dos Elefantes/as convertímonos en pintores e pintoras e utilizamos o chocolate para facer un gran cadro que logo decorou o nosa escola, quedou moi bonito e cheiraba de maravilla!!!!!

ANIVERSARIO DE ÁLVARO, ÁLEX E JOSEMI

Escrito por calvario, o 26 Marzo 2010 17:04

Hoxe festexamos o aniversario destes tres irmáns tan divertidos, convidáronnos a tarta e bailamos e cantamos para que este día fose moi especial. MOITAS FELICIDADES!!!

As artes plásticas

Escrito por calvario, o 26 Marzo 2010 16:37

Este mes, a aula das xirafas estivemos traballando as artes plásticas. Fixemos simetría, pintamos cos pés, pintamos con rodillos etc… Non paramos de traballar!!!!

Mirade cantas cousas fixemos!

Como broche final as nosas marabillosas creacións, decidimos pintar con iogur de chocolate. Foi todo un éxito!!! Entre pintar e comer o iogur acabouse nun “pis, pas”. Mirade mirade….

PINTANDO CON ESPONXAS

Escrito por calvario, o 26 Marzo 2010 08:19

@s máis peques tamén realizaron un obradoiro de pintura de dedos. Xa experimentaran a sensación de pintar con este material pero desta vez proporcionámoslle esponxas e pinceis!

Divertíronse un montón e algunha que outra ata acabou na bañeira de tanta pintura que tiña no corpo, jeje!

SEN CUEIRO!!!!!!

Escrito por calvario, o 24 Marzo 2010 10:44

Daniela e Sara da aula das xirafas xa non levan CUEIRO!!!

Moitísimos parabéns para estas nenas tan maiores que o están levando de marabilla.

ESTIMULANDO O GUSTO

Escrito por calvario, o 24 Marzo 2010 09:09

Con este obradoiro pretendíamos que @s nen@s máis pequech@s da escola experimentaran distintas sensacións como o tacto, olor, textura, sabor,… que proporcionan a laranxa e as galletas.

Primeiro mostramos ás crianzas as laranxas para que as tocasen, olesen e manipulasen. Algún que outro ata se atreveu a mordelas antes de tempo!!

Logo participaron facendo o zume. Darlle ó expremedor foi toda unha experiencia ¡Cómo lles gustou!

Tamén colaboraron partindo as galletas e mesturándoas para facer a papa!

Por último ¡tocou probala! e bueno… tamén esparcila por toda a mesa, jeje!

FOI UN PLACER VER COMO DISFRUTÁSTEDES PEQUES!!

ANIVERSARIO DE MARCOS!!

Escrito por calvario, o 23 Marzo 2010 16:31

Onte Marcos, da aula de tartarugas, cumpliu un aniño!! Estaba todo guapo coa súa coroa laranxa!

Na súa festa cantamos, comemos galletas e ¡XOGAMOS  CON GLOBOS!

MOITOS PARABÉNS CHIQUITÍN!!!

EXCURSIÓN A PERRUQUERÍA

Escrito por calvario, o 22 Marzo 2010 18:58

Como estamos adicando este mes os oficios ocurreusenos facer unha pequena excursión para que os nenos/as observasen que é o que fai un perruqueiro/a e o seu lugar de traballo. Gustoulle moito a experiencia e deixáronse poñer guapos/as!!

Moitas grazas pola vosa colaboración e por acollernos tan ben!!