Biscoito de Iogur
O grupo da tarde estamos a traballar o centro de interese dos cociñeiros/as. A semana pasada decidimos facer un biscoito de iogur moi sinxelo para que todas as crianzas puideran participar na elaboración. Traballamos un montón! O día seguinte convidamos a todolos nosos compañeiros/as a probar a nosa receita, ¡Estaba riquisimo!.

