Arquivo de Marzo de 2010

Autonomía no comedor

Escrito por calvario, o 22 Marzo 2010 18:44

A aula das xirafas, en conxunto cos elefantes, estamos traballando unha iniciantiva para que as crianzas sexan todavía mais autónomas no comedor.

Antes de sentarse á mesa, teñen que coller o babeiro, os cubertos e o prato, e despois Mónica, a nosa cociñeira vai servirlles a comida. Unha vez que rematan de comer teñen que recoller todo e deixar cada cousa no seu lugar correspondente.

Encantoulles esta nova iniciativa e disfrutan moito dela, participaron encantados!!!!!!

Biscoito de Iogur

Escrito por calvario, o 22 Marzo 2010 18:28

O grupo da tarde estamos a traballar o centro de interese dos cociñeiros/as. A semana pasada decidimos facer un biscoito de iogur moi sinxelo para que todas as crianzas puideran participar na elaboración. Traballamos un montón! O día seguinte convidamos a todolos nosos compañeiros/as a probar a nosa receita, ¡Estaba riquisimo!.

OS OFICIOS

Escrito por calvario, o 18 Marzo 2010 18:22

Na aula dos Elefantes/as estamos co centro de interese dos oficios, cada semana adicámola  a unha profesión diferente. Creamos o recanto do Hospital e convertímonos en doutores e doutoras, mírade que profesionais!

MANIPULANDO FARIÑA

Escrito por calvario, o 18 Marzo 2010 14:42

@s máis pequen@s da escola realizaron un obradoiro de fariña co que disfrutaron un montón! Este foi realizado en dúas sesións.

Na primeira, @s nen@s manipulárona só coas mans e sobre unha mesa. ¡ENZOUFARON O QUE QUIXERON!

A segunda sesión foi realizada no chan e como podedes observar, espimos @s nen@s para que experimentaran con todo o seu corpo as distintas sensacións que produce tocar, chupar e ata ¡comer a fariña!

QUE BEN QUE O PASAMOS!!!

ANIVERSARIO DE EVA

Escrito por calvario, o 16 Marzo 2010 17:02

A semana pasada celebramos o aniversario de Eva; a cal cumpliu un aniño!! Na festa cantamos, rimos, xogamos e ¡Eva convidounos a galletas! A protagonista sorprendeunos tamén cos seus primeiros pasiños; aínda que non temos proba diso xa que non nos deu tempo a conxelar o momento en fotografía, je!!

MOITOS PARABÉNS, PEQUENA!! E QUE CUMPLAS MOITÍSIMOS MÁIS!!

PRIMEIROS PASIÑOS

Escrito por calvario, o 15 Marzo 2010 15:37

Na aula de Tartarugas xa comezaron a dar os seus primeiros pasiños vari@s nen@s!!

Candela foi a primeira en animarse e antes do ano xa quixo experimentar isto da marcha no plano vertical!

Thiago non quixo ser menos e entre tambaleos, desequilibrios e algunha que outra caida; logrou tamén corretear por todo o espazo dispoñible.

Pero non vaiades crer que foron os únicos ¿eh? Aqui podedes ver tamén os comezos de Xoán neste gran logro!!

E os de Lucas, que se animou aínda a semana pasada!!

 

CALQUERA OS PARA AGORA!!

QUE MAIORES VOS ESTADES FACENDO!! SODES UNS CAMPEÓNS!!!

Xuntanza coas familias

Escrito por calvario, o 10 Marzo 2010 16:59

Ola a todas/os:

Dende a escola queremos lembrarlle ás familia que mañá XOVES 11 DE MARZO teremos unha xuntanza no centro para tratar os temas mencionados na orde do día que está nos taboleiros. Lembrade que se realizará en dúas convocatorias para facilitar a vosa asistencia, unha ás 10:15 horas e outra ás 18:00 horas.

Esperamos a vosa asistencia.

O equipo educativo

XOGO HEURÍSTICO

Escrito por calvario, o 5 Marzo 2010 11:14

Dende principios de curso, a aula das xirafas, esta inmersa no ”Xogo heurístico”. Realizamos esta actividade unha vez por semana, e en cada sesión os nenos/as descobren materiais e experiencias diferentes e sorprendentes.

Resulta gratificante ver como as crianzas se divirten e exploran materiais de refugallo que aportaron as súas familias. O pasan en grande!!!!

Moitas gracias a tódalas familias que colaborachedes con esta iniciativa.

Un saúdo.

PARABÉNS FRANKO!!!!

Escrito por calvario, o 3 Marzo 2010 15:42

O día 25 de febreiro celebramos o anivesario do noso amigo Franko, cantámoslle “parabéns para ti” e fixemos unha gran festa para conmemorar os seus 3 aniños. Ademais convidounos a unha tarta que estaba boísima, mirade como a saborea. Moitísimas felicidades!!!

ANIVERSARIO DE ANTONIO

Escrito por calvario, o 3 Marzo 2010 10:36

O pasado día 25, Antonio da aula das Xirafas cumpliu 2 aniños. Celebramos unha festa con música e baile, e despois de postre, tomamos unha riquísima tarta.

Pasámolo en grande. Moitísimos parabéns Antonio!!!!!!