Arquivo de Abril de 2010

MOITOS PARABÉNS PARA MARCOS E CARLOS!!!!

Escrito por calvario, o 28 Abril 2010 16:08

O pasado sábado os nosos amigos Marcos e Carlos cumpriron 3 aniños así que para celebralo o luns fixemos unha gran festa na escola ;comemos  tarta, cantamos, bailamos e pasámolo en grande todos xuntos/as. Mirade que guapos estaban coas súas coroas.

Moitas felicidades chicos e que cumprades moitos máis.

ANIVERSARIO DE YAIRA

Escrito por calvario, o 15 Abril 2010 14:52

Onte celebramos o aniversario de Yaira. Puxémola toda guapa coa súa brillante coroa; feito que foi a comprobar ela mesma diante do espello!!

Logo tocou cantar, comer galletas de CHOCOLATE!!, soprar a candea da nosa tarta particular de plastilina, xogar con globos e saír ó patio (aproveitando o bo tempo que facía)!!

FELICIDADES DE PARTE DE TOD@S OS TEUS COMPAÑEIR@S E MESTRAS, PEQUECHIÑA!!

Agora xa todas as tartarugas temos un aniño!!!

PEQUEN@S PANADEIR@S

Escrito por calvario, o 15 Abril 2010 13:46

Á volta de Semana Santa as tartarugas quixemos convertirnos en panadeir@s!!Así que nos puxemos mans á obra!!

Primeiro, Patry e Gemma, deixáronnos un tempo para que manipuláramos os distintos ingredientes deste obradoiro como foron a fariña e a auga morniña!! Axudámoslle a mezclalos mentras cantábamos unha canción que decía: “Así amasaba, así, así; así amasaba, así, así; así amasaba, así, así; así amasaba que eu a vín!”

E aínda que ó principio estaba todo pegañento, logramos facer unha moi boa masa coa que xogamos no chan a facer gran diversidade de figuras!!

UNHA EXCELENTE EXPERIENCIA!!

Primeiros pasiños de Carla!!

Escrito por calvario, o 14 Abril 2010 10:12

Xa hai un par de semanas que Carla comezou a dar os seus primeiros pasiños, e por fin inmortalizamos o momento para poder compartilo con todos/as vos.

Aqui o tedes!!!!

A nosa biblioteca!!!

Escrito por calvario, o 14 Abril 2010 09:53

Na aula das xirafas estamos traballando o mes dos contos. Por este motivo, visitamos a biblioteca do cole e botámoslle unha ollada, a tódolos contos que nos conseguiu a nosa ANPA.

¡Canto conto novo! ¡Canto disfrutaron as crianzas!

Mirade, mirade…

Boa sorte Ester!!!

Escrito por calvario, o 7 Abril 2010 11:13

Onte despedimos a Ester da aula das Xirafas, xa que marcha do cole para emprender unha nova vida en Brasil, xunto coa sua familia. Aínda que nos alegra moito que a sua vida mellore, danos moitisima pena que nos deixe. Botarémoste moitisimo de menos, sempre te lembraremos. Non te esquezas de nos e visítanos en canto poidas.

Un bico e un abrazo  moi forte para ti e para a túa familia.

OBRADOIRO DE XEOS

Escrito por calvario, o 6 Abril 2010 08:01

Na aula dos/as Elefantes/as seguimos coas profesións e como somos uns/unhas pintores/as moi creativos/as decidimos utilizar o xeo como instrumento para crear uns cadros moi divertidos e orixinais. disfrutamos moito desta experiencia tan refrescante!!!!

Aniversario de Leire

Escrito por calvario, o 5 Abril 2010 17:49

Hoxe, na aula das Xirafas, festexamos o aniversario de Leire que cumpliu 2 aniños. Cantamos, sopramos as velas e bailamos. Despois, de postre, tomamos a tarta, ¡Estaba riquísima!, senon preguntádelle a Leire.

Moitísimos parabéns e que cumplas moitos mais!!!!!

EXCURSIÓN O MERCADO DO CALVARIO

Escrito por calvario, o 5 Abril 2010 12:26

As nenas e nenos da aula dos Elefantes/as acudimos o Mercado do Calvario para coñecer as distintas profesións que alí se desenrolan : peixeiro/a, froiteiro/a, carniceiro/a….asi coma os distintos productos que se venden. Disfrutaron moito desta experiencia e amosaron gran curiosidade por coñecer todo o que os rodeaba. Ademais tivemos a sorte de encontrarnos con un camión de bombeiros,vaia sorpresa!!