Arquivo de Maio de 2010

BENVIDO EMMANUEL

Escrito por calvario, o 26 Maio 2010 07:35

Tamén na aula de Tartarugas temos un novo compañeiro e igual que no caso de Carla; lle queremos dar dende aquí a benvida!!

Emmanuel estivo contento na escola dende o primer día e unha boa mostra delo é a cariña de alegría e felicidade que amosa sempre!! OLLADE, OLLADE:

Esperamos que sigas pasándoo así de ben durante toda a túa instancia na escola, pequecho!!

Benvida Carla!!!!

Escrito por calvario, o 25 Maio 2010 10:15

Con motivo da marcha de Ester na aula das xirafas, este mes incorporouse o centro unha nova nena. Chámase Carla, e adaptouse perfectamente as educadoras e a tódalas rutinas do cole. Dende Aquí queremos darlle a benvida e lembrarlle que aínda que so vaia estar con nos uns meses, xa pertence a nosa gran familia.

Un abrazo moi forte e….

BENVIDA CARLA!!!!!!!!


OBRADOIRO DE PAPEL

Escrito por calvario, o 20 Maio 2010 14:53

Neste obradoiro as “tartarugas” tiveron a oportunidade de explorar distintos tipos de papeis (celofán, seda, pinocho, cartolina,…) Estiveron moi entretidos descubrindo as distintas texturas, cores e ata sons que producían cada un deles! Traballamos tamén, a través del, a motricidade fina arrugando e rasgando algúns dos papeis!!

TODO UN ÉXITO!!

Aniversario de Sara e de Mario

Escrito por calvario, o 20 Maio 2010 10:36

Este mes xa tivemos dous aniversarios na aula das xirafas, o de Sara e o de Mario, que xa cumpliron dous aniños. Fixemos duas festas con duas tartas riquísimas, cantamos, sopramos as velas, e bailamos un montón.

Moitísimas felicidades peques, e que cumplades moitisimos mais!!!!!!

Adeus cueiros!!!!

Escrito por calvario, o 20 Maio 2010 10:31

O mes pasado, Alan, Leire e Beltrán xa se despediron dos seus cueiros con moita alegría. Lévanno de marabilla!

XA SON MOI MAIORES!!!!

PRIMEIROS PASIÑOS MARCOS

Escrito por calvario, o 19 Maio 2010 08:23

Marcos xa leva un tempo que sí que non con respeto a iniciarse na marcha pero hoxe en día xa é todo un experto!! Cada vez é máis independente e véselle moito máis contento e alegre na escola!! E é que agora xa pode alcanzar case calquer obxecto, jejeje! A lo menos os que se atopan a súa altura!!

NORABOA PEQUECHO!! AGORA A CORRETEAR POR TODOS OS ESPAZOS DISPOÑIBLES!!

A FLOR DOS MAIOS

Escrito por calvario, o 18 Maio 2010 15:02

O Día dos Maios o grupo da tarde, decidimos facer unha flor, cos pétalos que esfolláramos pola mañá. Os pegamos de un en un e con moita paciencia, estivemos moi entretidos.

Mirade que bonita!!!!!

Batalla de flores!

Escrito por calvario, o 18 Maio 2010 14:59

Como xa ven sendo tradición na nosa escola, con motivo do primeiro de maio no centro festexamos a nosa particular “Batalla de flores”, que é unha celebración moi arraigada en Vigo.

Para iso, en primeiro lugar, entre familia e profes xuntamos un montón de flores. A continuación, fomos quitando todos os pétalos: de rosas, margaridas,… Todas precisoas! De moitísimas cores, cheiros e formas. Mirade todo o que traballamos…

E xa para rematar, quedaba o mellor: lanzarnos os pétalos os uns aos outros! Foi moi divertido! Pero para mostra, unha composición…

Festexamos o día do libro!

Escrito por calvario, o 14 Maio 2010 15:19

Como xa sabedes, o mes de abril adicámolo a celebrar o día do libro. Compartir momentos de lectura coas crianzas é algo moi importante e especial que nos enche de felicidade.

Dentro das actividades destinadas a esta celebración, cada aula realizou un libro viaxeiro no que as/os protagonistas eran as mascotas da aula. No centro comezábase unha historia que logo continuaron as familias. Na aula de 0-1 o conto titulouse “O aniversario de Florentina”. Na aula de 1-2 o conto centrouse nas “Aventuras de Flautiña” e o grupo de 2-3 narrounos “Os soños de Eleonora”. Cando finalizamos os contos, amosámolos nas aulas e ás familias. Os resultados foron espectaculares e as crianzas desfrutaron moitísimo coas historias!!

E como xa ven sendo unha tradición… o persoal do centro convertímonos en actrices e actores por un día para representar unha obra de teatro. O conto escollido nesta ocasión foi “Corre corre cabaciña” que lles encanta a nenas e nenos. Logo de modificar un pouquiño a historia (xa que esta vez a avoa en lugar de ir á voda da súa neta ía ao aniversario do seu neto), preparamos decorados e vestiario para sorprender ás crianzas e facer que pasasen un divertido momento no teatro. A súa acollida doi espectacular e todas/os desfrutamos moitísimo desta experiencia. Aquí quedan unhas poucas fotos coma mostra da nosa función!

E para rematar, agradecervos moitísimo a vosa colaboración en todas as actividades do centro. Sen vós, todo isto non sería posible. Moitas graciñas!!

OBRADOIROS NA PRIMAVERA

Escrito por calvario, o 14 Maio 2010 12:56

A partir do conto “ADIVIÑA CANTO TE QUERO” traballamos a primavera realizando un obradoiro de maquillaxe, outro de flores e un mural super alegre e divertido!!

A continuación podedes ver unha mostra do obradoiro de maquillaxe no cal algunhas crianzas non quixeron participar. Iso de “manchar” a cara non é de agrado para tod@s,…jeje!

O obradoiro de flores alegrou moito a aula de bebés!! Esa mañá toda a clase estaba alegremente decorada e ademáis olía xenial! Cantas flores había!! (no chan, nos cestos, nos espellos,…)

Ás crianzas costoulles comezar a manipulalas, parecía como se non se atreveran a tocalas pero pouco a pouco fóronse adentrando no obradoiro e puidemos observar como estimularon a través del todos os sentidos!!

Para realizar o bonito mural proporcionámoslle @s nen@s os rodillos cos que disfrutaron un montón! Unha vez realizado o fondo, nen@s e maiores plasmamos as nosas mans para realizar flores e bolboretas! Quedou superchulo coas fotos das nosas cariñas enriba!!

BENVIDA PRIMAVERA!!!