Arquivo do 14 de Maio de 2010

Festexamos o día do libro!

Escrito por calvario, o 14 Maio 2010 15:19

Como xa sabedes, o mes de abril adicámolo a celebrar o día do libro. Compartir momentos de lectura coas crianzas é algo moi importante e especial que nos enche de felicidade.

Dentro das actividades destinadas a esta celebración, cada aula realizou un libro viaxeiro no que as/os protagonistas eran as mascotas da aula. No centro comezábase unha historia que logo continuaron as familias. Na aula de 0-1 o conto titulouse “O aniversario de Florentina”. Na aula de 1-2 o conto centrouse nas “Aventuras de Flautiña” e o grupo de 2-3 narrounos “Os soños de Eleonora”. Cando finalizamos os contos, amosámolos nas aulas e ás familias. Os resultados foron espectaculares e as crianzas desfrutaron moitísimo coas historias!!

E como xa ven sendo unha tradición… o persoal do centro convertímonos en actrices e actores por un día para representar unha obra de teatro. O conto escollido nesta ocasión foi “Corre corre cabaciña” que lles encanta a nenas e nenos. Logo de modificar un pouquiño a historia (xa que esta vez a avoa en lugar de ir á voda da súa neta ía ao aniversario do seu neto), preparamos decorados e vestiario para sorprender ás crianzas e facer que pasasen un divertido momento no teatro. A súa acollida doi espectacular e todas/os desfrutamos moitísimo desta experiencia. Aquí quedan unhas poucas fotos coma mostra da nosa función!

E para rematar, agradecervos moitísimo a vosa colaboración en todas as actividades do centro. Sen vós, todo isto non sería posible. Moitas graciñas!!

OBRADOIROS NA PRIMAVERA

Escrito por calvario, o 14 Maio 2010 12:56

A partir do conto “ADIVIÑA CANTO TE QUERO” traballamos a primavera realizando un obradoiro de maquillaxe, outro de flores e un mural super alegre e divertido!!

A continuación podedes ver unha mostra do obradoiro de maquillaxe no cal algunhas crianzas non quixeron participar. Iso de “manchar” a cara non é de agrado para tod@s,…jeje!

O obradoiro de flores alegrou moito a aula de bebés!! Esa mañá toda a clase estaba alegremente decorada e ademáis olía xenial! Cantas flores había!! (no chan, nos cestos, nos espellos,…)

Ás crianzas costoulles comezar a manipulalas, parecía como se non se atreveran a tocalas pero pouco a pouco fóronse adentrando no obradoiro e puidemos observar como estimularon a través del todos os sentidos!!

Para realizar o bonito mural proporcionámoslle @s nen@s os rodillos cos que disfrutaron un montón! Unha vez realizado o fondo, nen@s e maiores plasmamos as nosas mans para realizar flores e bolboretas! Quedou superchulo coas fotos das nosas cariñas enriba!!

BENVIDA PRIMAVERA!!!