OBRADOIROS NA PRIMAVERA

A partir do conto “ADIVIÑA CANTO TE QUERO” traballamos a primavera realizando un obradoiro de maquillaxe, outro de flores e un mural super alegre e divertido!!

A continuación podedes ver unha mostra do obradoiro de maquillaxe no cal algunhas crianzas non quixeron participar. Iso de “manchar” a cara non é de agrado para tod@s,…jeje!

O obradoiro de flores alegrou moito a aula de bebés!! Esa mañá toda a clase estaba alegremente decorada e ademáis olía xenial! Cantas flores había!! (no chan, nos cestos, nos espellos,…)

Ás crianzas costoulles comezar a manipulalas, parecía como se non se atreveran a tocalas pero pouco a pouco fóronse adentrando no obradoiro e puidemos observar como estimularon a través del todos os sentidos!!

Para realizar o bonito mural proporcionámoslle @s nen@s os rodillos cos que disfrutaron un montón! Unha vez realizado o fondo, nen@s e maiores plasmamos as nosas mans para realizar flores e bolboretas! Quedou superchulo coas fotos das nosas cariñas enriba!!

BENVIDA PRIMAVERA!!!

Etiquetas: , , , , ,

2 respostas para “OBRADOIROS NA PRIMAVERA”

  1. inma Di:

    Canto máis miro o blogue, mais vos admiro e envexo, admiracion polo voso traballo e a limpeza que hai que facer o rematar, e a envexa por disfrutares cos nosos fillos como o facedes. De corazón GRAZAS…

  2. PROFE GEMMA Di:

    Vaia, Inma: GRAZAS a ti por valorar o noso traballo e por este comentario tan emotivo e positivo. Nós estamos encantadas e somos conscientes da sorte que temos de traballar e ó mesmo tempo disfrutar cada día con estes pequech@s.
    A limpeza que temos é en honor ó noso compañeiro Rober, que sempre está disposto a limpar o que nós manchamos!! Santa paciencia que ten que ter, jeje!

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe