Arquivo de Maio de 2010
Escrito por calvario, o 13 Maio 2010 09:59
No mes de abril sumerxímonos no mundo da fantasía a través dos contos. Deixamos voar a imaxinación e creatividade: acompañamos ó Coelliño branco a buscar coles á horta, despertamos a Dona Carme do seu longo soño e coñecemos a un gato moi pero que moi lambón entre outras moitas aventuras.
Partindo dos contos xurdiron obradoiros coma o da elaboración de tarta de galleta, como facian Cocorico e a súa nai no conto, que rica!!!Tamén pintamos o outro protagonista desta historia, o Gato pelado con pintura e azúcre para ver se así se volve algo máis bó jejeje!

Todo esto acompañámolo de excursións á biblioteca da escola e o gran festexo do día do libro coa obra de teatro: Corre, corre cabaciña.
Os nen@s disfrutaron moito deste mes adicado especialmente ós contos ainda que sempre están presentes no día a día da escola.
Etiquetas:mes dos contos
Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 12 Maio 2010 09:23
Aínda non anunciáramos a través do blogue a presencia de 3 moz@s en prácticas (Tamara, Vero e Santi) pero que sepades que xa levan un tempo con nós e que comezan nestes meses a levar en práctica os seus proxectos e unidades didácticas.
Vero comezou na aula de bebés e aproveitando o mes dos libros quixo centrar o seu proxecto nos contos e na primavera! Aqui podedes ver unha pequena mostra do conto que quixo representar: “ADIVIÑA CANTO TE QUERO”; o cal volo recomendamos para que lle contedes ás vosas crianzas.
O conto vai de 2 lebres que se queren demostrar o amor e cariño que se teñen entre elas! @s nen@s estiveron moi atent@s e é que o conto estivo moi ben enfocado @s peques (con imaxes, representación, instrumentos musicais,…)

Despois da representación deixámoslle ós nen@s xogar cos instrumentos musicais utilizados, co mural pegando e despegando os animaliños no velcro e Candela ata se atreveu a representar parte do conto deitándose na cama de flores da lebriña!!

MOI BO TRABALLO, VERO!!
Etiquetas:contos, día do libro, Tartarugas
Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 6 Maio 2010 13:03
Por motivos de cambios laborais na familia o noso compañeiro Lucas, da aula de Tartarugas, foise da nosa escola; por iso queremos facerlle un pequeno homenaxe tamén a través do blogue e anunciar que o botamos moito de menos!!
Pasáramos xa bastantes meses xuntos e é que esta pequena criatura pronto deixou marca no corazón de todas as mestras e demais persoal da escola.

Desexamos que todo che vaia ben, pequeno!! E esperamos algunha que outra visita de vez en cando!!
BIQUIÑOS E UNHA CARIÑOSA APERTA DE TOD@S PARA TI E TODA A TÚA FAMILIA!!!
Etiquetas:despedida, Familias, Tartarugas
Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 5 Maio 2010 09:49
Este mes, con motivo do día do libro, adicámolo ós contos.
Na aula das Xirafas traballamos os contos de “Cocorico” e “Corre, corre Cabaciña! Encantáronlles, e sacámoslle moito partido. Aquí tedes unha pequeniña mostra de todo o que traballamos.

CABACIÑA, CABACIÑA, NON VICHES POR AQUÍ UNHA VELLIÑA????
NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA, NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN,
CORRE CORRE CABACIÑA, CORRE CORRE CABAZÓN.
Esta foi a cantinela mais escoitada no cole durante todo o mes, no tren, no comedor, na siesta….
¡Que ben o pasamos!!!!!
Etiquetas:contos
Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »