Arquivo de Xuño de 2010

REFRESCÁNDONOS CON XEOS

Escrito por calvario, o 30 Xuño 2010 12:42

Outra das actividades refrescantes coa chegada do desexado bo tempo foi o obradoiro de xeos tinguidos.

Tras tinguir auga con colorante vermello e conxelala; as “Tartarugas” dispuxéronse a experimentar a sensación de frío, a desconxelación dos xeos,… e de paso a coloración que deixaban éstos nas cartolinas.

Foi unha actividade moi divertida!! Os xeos e escapábanselle das mans e @s nen@s quedaban tod@s extrañad@s!! QUE O BO TEMPO DURE PARA SEGUIR REALIZANDO ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE!!
resbalaban

OBRADOIRO DE CHOCOLATE

Escrito por calvario, o 29 Xuño 2010 09:13

Os máis peques tiveron a oportunidade de experimentar co chocolate. Empezaron timidamente pero a partir da manipulación de Marcos (o cal se atreveu a probalo) fóronse animando tod@s pouco a pouco!

Que ben cheiraba e… QUE BEN SABÍA!! Como se puxeron!!

As crianzas deberon intuir que co chocolate se poden dar incluso masaxes porque colleron a Yaira por banda e empezaron a embornoala enteiriña, jeje!

Para rematar como podedes imaxinar: baño relaxante!!

Chegou o verán!!!!

Escrito por calvario, o 25 Xuño 2010 16:59

Con motivo da chegada do desexado verán, o grupo da tarde decidimos facer un mural para darlle a benvida a esta estación como se merece. Fixemos un sol e unha praia peneirando enriba do mural con cola, area do noso areeiro, despois pintamos o mar e pegamoslle gomets para facer peixiños.

Quedounos moi bonito, por iso o pegamos na entrada da escola para que todo o mundo se enterase de que o verán xa está aqui!!!!!!!

XOGANDO COA AUGA

Escrito por calvario, o 25 Xuño 2010 14:49

Coa chegada do bo tempo, non dudamos en realizar cos máis peques da escola un obradoiro de auga. ¿A que nen@ non lle gusta xogar con ela? Non sabemos se haberá algun por ahí ao que non lle gusta. O que si sabemos é que ás crianzas da aula de Tartarugas lles fascinou por completo!!

AUGA, ESPONXAS, CORCHOS, TAPAS,… QUE BEN O PASAMOS!! E QUE BEN SE ESTABA NO PATIO ESA MAÑÁ!!

Ata sempre!!!!!!

Escrito por calvario, o 25 Xuño 2010 08:39

A semana pasada despedimos aos nosos compañeiros/as de prácticas. Celebramos unha pequena festa e os nenos/as déronlles uns agasallos que fixemos no cole. Deunos moita pena que se marcharan e esperamos que nos veñan a facer unha visita pronto.

Moita sorte na vosa nova etapa, disfrutádea e poñede en práctica todo o que aprendéchedes.

Un bico e unha aperta moi forte de todo o equipo.

Traballando con Tamara

Escrito por calvario, o 24 Xuño 2010 17:01

A nosa compañeira de prácticas Tamara, levou a cabo na aula das xirafas unha actividade relacionada coa motricidade. Fixemos un montón de cousas, pintamos unha mazá, fixemos un circuito de psicomotricidade, debullamos chícharos que despois cociñou Mónica…. Mirade que ben o pasamos!

Moitísimas grazas Tamara por darlles tanto cariño ós nen@s, e coidalos tan ben.

Un saúdo e unha aperta moi forte.

Somos cociñeros/as

Escrito por calvario, o 15 Xuño 2010 15:16

Este mes, na aula das xirafas, estivemos traballando o mundo da cociña. Comezamos coñecendo as diferentes froitas que tiñamos no cole, e despois fixemos brochetas con elas. Mirade que ricas!!

Pensamos que sería orixinal pintar cunha froita, e decidimos facer un cadro estupendo pintando con amorodos, ¡Que artistas!

Tamén nos animamos a facer un estupendo batido de froitas, que rico!

Ah! Pero nos faltaba algo moi importante que teñen tódolos cociñeiros/as. “O mandil”. A si que, fixemos un como o que ten a nosa cociñeira Mónica. E, ahora si, vestidos xa como cociñeiros/as, decidimos facer uns xeados con iogur e con zume de laranxa.

Tamén fixemos lemonada, tivemos que botarlle azucre, os limón amargan!!!

E a actividade estrela foi sen dúbida a receta máxica que fixemos, “Froita con chocolate”, que rica!. Non quedou nada, menos mal que nos chegou para convidar os nosos compañeiros/as da aula dos elefantes.

Foi, sen dúbida, un centro de interese para repetir. Os nenos disfrutaron un montón e déronse conta que a froita é rica en todo momento.

Moitas gracias Moni por axudarnos tanto cando visitábamos a cociña e por atendernos tan ben.

OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Escrito por calvario, o 9 Xuño 2010 09:37

Froito do interese das nosas crianzas levamos a cabo as actividades relacionadas cos medios de transporte.

Decoramos a aula con fotos dos distintos transportes que existen e xogamos a adiviñara cal é cada un. Tamén xogamos cos nosos particulares barquiños de corcho.

Voamos os clásicos avións de papel e foi moi divertido!

E tamén clolaboramos traendo xoguetes e contos relacionados co centro de interese da casa e compartíndoos con moito agarimo cos nos@s compañeir@s!!

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Escrito por calvario, o 9 Xuño 2010 09:22

Na aula d@s Elefantes/as estivemos coñecendo os distintos medios que podemos utilizar para comunicarnos: radio, prensa, televisión,…

Comezamos coa radio, logo observámonos a nos mesmos/as na televisión nunha xornada diaria, gustounos moito ver os momentos da comida, asamblea, sesta…

Tamén pintamos un buzón amarelo no que logo poder botar as nosas cartiñas, con selo e todo, para que a nosa querida carteira as viñera recoller para levarllas as nosas familias, vaia sorpresa levaron!!!

Moitas gracias pola vosa colaboración!!

FROITA, FROITA E MÁIS FROITA!

Escrito por calvario, o 8 Xuño 2010 16:54

Na aula das xirafas, coa chegada da calor, decidimos poñer en marcha unha iniciativa moi rica e saludable. Cambiamos a sabrosa galleta da media mañá, por froita, que é aínda máis sabrosa e san. Pensamos que desta maneira, e xunto coa que toman na sobremesa do xantar, sería máis doado fomentar o consumo de froita nos/as máis pequenos/as.

E, como non podía ser menos, a iniciativa foi estupendamente, non so lles gusta a froita, senón que a devoran.

Cada día variamos, un día pera, outro mazá, outro kiwi…. Pero o primeriro día como actividade inicial probamos de todas un anaquiño. Mirade que como lles gusta!!!