Arquivo de Xuño de 2010
Escrito por calvario, o 8 Xuño 2010 10:36
ANIVERSARIO DE BREIXO
Escrito por calvario, o 8 Xuño 2010 09:45
A NOSA CASIÑA
Escrito por calvario, o 7 Xuño 2010 16:25
Aproveitando a celebración do día da familia, Vero a nosa compañeira de prácticas,deleitounos cunha actividade moi orixinal e divertida.
Primeiro contounos un conto relacionado coa familia e os diferentes tipos de familias.
Despois tinximos legumes, pasta, arroz e lentellas, para despois pegalas na casiña da nosa particular familia. Mirade que ben o pasaron:

E como non podia ser menos,para rematar a actividade, contamos o conto coa nosa casiña xa rematada. ¿Estaran os persoaxes da nosa historia dentro?????? A ver….
Moitas grazas Vero polo bo traballo feito, por querernos tanto e tratarnos tan ben. Un bico moi forte da aula das Xirafas.
PRIMEIROS PASIÑOS DE YAIRA
Escrito por calvario, o 4 Xuño 2010 10:59
As celebracións da nosa escola!
Escrito por calvario, o 3 Xuño 2010 11:24
O pasado mes de maio, tivemos moitas cousas que celebrar no centro!
O día 15, foi o “Día das familias”. Para iso, contamos coa súa colaboración xa que cada mamá e papá en compañía da/o súa/seu filla/o fixo unha composición (de fotos, caricaturas,…) da súa familia. Logo, con todas fixemos un gran mural. Os resultados foron espectaculares…
E para festexar o “Día das Letras Galegas” recibimos unha visita moi especial. Algúns compoñentes do grupo “O fiadeiro” de Vigo, do que forma parte a mamá de Manu e Dani da aula dos elefantes, viñeron a ofrecernos un concerto de música tradicional. As nenas e os nenos do cole pasáronno xenial, bailaron, tocaron os difererentes instrumentos (tambor, pandeireta,…), e estábamos tan a gusto que non queríamos que rematara a festa!
Dende a escola, queremos agradecervos moitísimo a vosa vistia, e agardamos con ansias a vindeira celebración!!
CREAMOS UNHA HORTIÑA AROMÁTICA.
Escrito por calvario, o 3 Xuño 2010 09:31
Como xa sabedes estos meses temos na escola uns compañeir@s en prácticas, na aula dos elefant@s estivo Santi e propúxonos unhas actividades relacionadas co mundo da horta.
Nesta primeira actividade Santi ensinoulles distintas prantas aromáticas: orégano, lavanda, menta, herba luisa…Os nen@s disfrutaron moito tocándoas, cheirándoas e escoitando as explicacións que el lle daba sobre a utilidade destas.
O día seguinte saímos a preparar e limpar a horta para comezar a plantar. Para a nosa sorpresa cando comezamos a arrincar as malas herbas atopámonos con algunha que outra cenoria que plantáramos con anterioridade. Que caras de sorpresa tiñan @s pequen@s!!!!
Para rematar coa experiencia da horta Santi sorprendéunos cunha actividade moi divertida á vez que entretida xa que trouxonos un montón de millo da súa horta particular e ensinounos a debullalo. Ainda que este obradoiro xa a realizáramos na aula @s nen@s disfrutaron como a primeira vez.
Moitas grazas pola túa colaboración Santi.











