Arquivo do 2 de Xullo de 2010

A PRAIA NA ESCOLA

Escrito por calvario, o 2 Xullo 2010 13:50

Na aula das Xirafas démoslle a benvida ó verán pintando aquilo que máis nos gusta: a praia. Estampamos as nosas máns e colocamos na area e auga elementos propios desta: toallas, peixiños, parasois… Mirade que entretid@s estamos pintando a nosa pequena praia!!!

A RECICLAR

Escrito por calvario, o 2 Xullo 2010 11:08

Con motivo do día do Medio Ambiente na aula d@s Elefantes adicamos o mes de Xuño a reciclaxe. Aprendemos a clasificar papel, plástico e vidro. O principio custounos un pouquiño distinguir as cores dacordo con cada tipo de material pero pouco a pouco e con moito interese conseguímolo!!

Tamén aprendemos que con material de desfeito e imaxinación se pode crear un xoguete divertido e orixinal, mirade que interese poñemos para que quede ben bonito!!


Estivemos moi entretidos cos nosos prismáticos, xogamos con eles no xardín e ata observamos o conto en clase, cantas cores!!