FESTA DE FIN DE CURSO!

Parece que aínda onte comezamos co período de adaptación, e xa estamos despedindo este curso 2009/2010. E para facelo, organizamos unha festa por todo o alto, como se merecen as/os pequerrechas/os do noso centro. Para iso, contamos coa colaboración de Rosa, a directora da EI Rúa Palencia, que moi amablemente nos cedeu o seu centro, xa que o noso se facía un pouco pequeniño…

Para comezar, as profes de cada aula quixeron darlle ás crianzas un diploma moi especial, no que se lles agradecía a ilusión, a ledicia, a fantasía e a diversión coa que nos agasallaron durante este curso.

A continuación, subimos a disfrutar da proxección dun video con algunhas das fotos que se sacaron ao longo do curso e no que se amosaba unha pequena mostra do noso traballo. Ademais, este foi o momento elixido pola ANPA para entregarlle un pequeno agasallo ás mestras da aula de 2-3: cada nena/o fixo un debuxo (con fotos, etc) para entregarlles de recordo ás súas mestras…. foi un momento moi emotivo!

Logo a merendar! Mónica, a cociñeira do cole, colaborou moi activamente na preparación dunha merenda moi rica que lles encantou… E para finalizar, a ANPA organizou un pequeno xogo e  ata agasallou ás crianzas cun globo. Foi unha tarde moi divertida e feliz!!

E para rematar, só nos queda agraderlle a todas as persoas a súa colaboración na realización desta festa e como non, destacar o ano tan feliz que compartimos cos/coas verdadeiros/as protagonistas: as nenas e nenos desta pequena escola!

Moitas grazas por todo!

 

Etiquetas:

Unha resposta para “FESTA DE FIN DE CURSO!”

  1. Profe Sandra Di:

    Que bonito!!!ata me emociono o miralo!! A verdade é que se vai votar moito de menos os pequenos/As que se nos marchan, xa son maiores!!!!!!
    Parece mentira, aíndo o outro día gatexaban e agora xa para o 2ºciclo.
    Bueno, un bico moi forte a tódolos nenos/as, as familias, e como nos a tódalas profes que facedes un traballo estupendo!!!!
    Bikiños

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe