Escrito por calvario, o 13 Xullo 2010 14:39
Este mes de Xullo @s Elefantes/as fixemos un oco para sumerxirnos no fantástico mundo da ciencia. O experimento que máis nos gustou polo de agora foi o gran volcán.
Primeiro axudamos a coller a area, démoslle forma e logo fomos introducindo os ingredientes con moito coidadiño.

Logo abrimos ben os nosos olliños, agardamos e…….

Publicado en curso 2009/2010 | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 13 Xullo 2010 12:24
Coa chegada do bo tempo cada vez apetece máis sair o patio e desfrutar facendo actividades coma esta nas que as nosas crianzas se senten coma peixes na auga!! Realizan trasvases e idean xogos divertidos e orixinais, a mollarse!!!

Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »