Arquivo do 9 de Febreiro de 2012

ENTROIDO: antiface2

Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2012 19:27

Unha vez que rematamos de pintar decidimos poñer o antiface e logo pintar un pouco a cara, posto que o antiface non nos deixaba ver ben. aínda así chegamos a conclusión de que nos gusta moito o entroido.

ENTROIDO:antiface

Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2012 19:12

Chegou o mes de febreiro e con el o entroido, tempo de festa e diversión, de trasnadas e agochadas,… por iso decidimos darlle a benvida cun antiface de forma que poidamos agocharnos e que ninguèn nos recoñeza… pintarono de moi boa gana.

VARIOS ANIVERSARIOS.

Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2012 09:20

Estas últimas semanas, na aula dos Elefantes, estamos de celebración!!! Festexamos xa os aniversarios dos máis maiores da escola; e é que os Elefantes comezan a facerse maiores e van cumplindo xa os 3 anos!!!

O primeiro en cumplilos foi Alex, o 25 de xaneiro. Convidounos a unha rica tarta de caramelo e por suposto tivemos festa rachada:

O 30 de xaneiro, coincidindo co Día da Paz, estiveron de aniversario os irmáns Pablo e Marcos!! Ese día estivemos moi, moi cariñosos/as e pasámonos case toda a xornada dándonos bicos e apertas, cantando cancións da data e por suposto o Parabéns dedicado especialmente para estos dous cativos!!!

E o 5 de febreiro, cumpliu anos o noso amigo Xoán; o cal trouxo, ademáis dunha divertida tarta, unha piñata!!! Q divertido cando tiramos polas cordiñas e caeron chuches sobre as nosas cabezas, jejeje!!!

MOITÍSIMOS PARABÉNS AOS CATRO!!! e QUE CUMPLADES MOITÍSIMOS MÁIS!!!!!!!!!!