Arquivos da categoría ‘curso 2008-2009’
Escrito por calvario, o 27 Agosto 2009 13:20
Seguimos a disfrutar do verán…
Escrito por calvario, o 21 Agosto 2009 11:01
OBRADOIROS DE VERÁN
Escrito por calvario, o 6 Agosto 2009 14:54
Durante o mes de Xullo adicámonos a facer moitos e diversos obradoiros. Aquí tendes unha mostra deles:
- Obradoiro de cociña: Todas e todos colaboramos para elaborar unha sobremesa moi especial: unha “tarta de galletas”. Estaba riquísima!
- Obradoiro de fariña e colorante alimenticio: As crianzas experimentaron con diferentes estados da fariña: primeiro seca e logo engadímoslle o colorante. Coa masa resultante puideron manipulala, comela, estirala,… Foi a mellor plastilina posible!
- Obradoiro de pintura: Presentámolle diferentes obxectos (pinceis, esponxas,…) e cores para que as crianzas deran renda solta á súa creatividade. Fixeron unhas obras de arte chulísimas!
- Obradoiro de fariña: Cando todas e todos descubriron os montóns de fariña, a súa primeira reacción foi desfacelos e unha vez estivo por todo o chan, comezaron a facer trazos, montóns… é dicir, construíron o seu propio mundo en base aos seus intereses.
- Obradoiro de auga: Sen dúbida o obradoiro estrela do verán é este, xa que nenas e nenos disfrutan moitísimo experimentando coa auga, trasvasando e chapoteando.
- Obradoiro de pasta: Primeira sesión deste obradoiro no que comprobamos que ao principio as crianzas adicábanse a comer a pasta, pero pouco a pouco animáronse a manipulala e descubrir todas as posibilidades que lles ofrece.
E agora, só queda disfrutar coas imaxes! Esperamos que vos gusten!!!
OBRADOIRO DE XELATINA
Escrito por calvario, o 28 Xullo 2009 13:20
Coa chegada do verán, na Escola Infantil realizamos un apetitoso obradoiro de xelatina!
Presentámoslle ás crianzas diversos sabores de xelatinas, para que elas e eles experimentaran con ela, para que a probasen, a manipulasen e comprobasen todas as posibilidades que lles ofrecía. Primeiro deixamos que exprimentasen libremente e coas mans…
Logo introducimos diferentes utensilios para que continuasen explorando…
Cando remataron a actividade tocaba lavarse, e que mellor forma que todas e todos xuntos na mesa de auga. Disfrutaron un montonazo!!

Esta actividade tivo moito éxito porque as crianzas foron totalmente libres á hora de experimentar. Comprobamos ademais que nenas e nenos que eran reacias/os a tocar a xelatina coas mans, unha vez que se lle presentaban os distintos obxectos, non tiñan reparos en participar. Alegrámonos moito de que disfrutasen tanto!
Logo
UNHAS VISITAS MOI ESPECIAIS…
Escrito por calvario, o 16 Xullo 2009 10:16
Na galescola tivemos unhas visitas moi especiais. A tartaruga Leo e unha parella de parrulos viñeron de visita!
A tartaruga Leo primeiro visitou ás Xoaniñas e aos Parrulos. Tivemos reaccións de todo tipo! A continuación foron á aula dos Golfiños, que disfrutaron moitísimo con ela.
Noutra ocasión, visitaronnos unha parella de parruliños, eran tan bonitos!! As nenas e os nenos da galescola querían collelos, abrazalos, darlles de comer,…
RECICLAMOS
Escrito por calvario, o 16 Xullo 2009 09:28
Conscientes da importancia que ten coidar o medio ambiente, na Escola Infantil decidimos adicar un centro de interese a reciclar.
Para iso, as crianzas da aula dos Parrulos e dos Golfiños, manipularon diferentes materiales, coñeceron os distintos tipos de colectores e clasificaron os materiais.
Ademais, a aula dos Golfiños creou un “Punto verde” na entrada da Escola Infantil para poder reciclar coas súas familias. As crianzas ensinaron moi ben ás súas nais e pais:
Unha das actividades que máis disfrutaron as crianzas, foi o obradoiro de papel. Mirade todas as posibilidades que atoparon…
Marcha Álex
Escrito por calvario, o 30 Xuño 2009 16:26
Festa Fin de Curso
Escrito por calvario, o 30 Xuño 2009 15:44
O pasado luns 22 de Xuño, celebramos a festa de fin de curso na galescola. Todos os nenos/as recibiron un diploma e os golfiños ademais celebraron a sua festa de graduación. Todos os pais estaban convidados e colaboraron con nos xa que nos trouxeron a merenda, coa que fixemos unha gran festa.
Agradecemos a colaboracion de todalas familias, e desexamosle os golfiños o mellor para a sua nova etapa.
Unha aperta moi forte para todos/as de parte de todo o equipo educativo.
Luz e Escuridade
Escrito por calvario, o 30 Xuño 2009 15:12
No mes de Xuño, na aula das Xoaniñas, traballamos a luz e a escuridade. Fixemos moitas actividades, nos agochamos baixo sábanas, xogamos a pita coa luz apagada, xogamos con lanternas, en fin o pasamos xenial. Aquí tedes unha mostra do xogo con lanternas.
Como actividade final decidimos pintar sobre o panel de luz. Foi moi divertido e as xoaniñas disfrutaron moito xa que era a primeira vez que pintaban sobre outro material sen ser papel. Mirade que ben o pasaron.
XOGO HEURÍSTICO COS PARRULOS
Escrito por calvario, o 23 Xuño 2009 12:52
Na aula dos Parrulos/as comezamos fai dúas semanas coas sesións de xogo heurístico e os nenos/as están encantados, exploran e combinan o material e van descubrindo por sí mesmos as propiedades dos obxetos( dimensión, volume, peso…) e tomando conciencia das leis da natureza( gravidade, equilibrio…). Na primeira fase da sesión están enfrascados totalmente nos seus descubrimentos, queda mellorar na segunda fase: a recollida, pouco a pouco!
















