Arquivos da categoría ‘curso 2008-2009’
Escrito por calvario, o 23 Xuño 2009 10:33
OS MEDIOS DE TRANSPORTE
Escrito por calvario, o 12 Xuño 2009 13:03
Durante dúas semanas, na galescola estivemos traballando os medios de transporte. Para iso solicitamos a colaboración das familias e cada nena/o trouxo da casa un xoguete relacionado co tema. Con eles fixemos uns recantos nos que xogaron libremente ao tempo que aprendían a compartir.
Tanto os parrulos como os golfiños fixeron murais nos que saían distintos medios de transporte, traballaron un montón!
Como Vigo é unha cidade moi relacionada co mar, adicamos unha xornada a traballar con barcos, mirade como flotan!

A aula dos golfiños ademais tivo unha sesión de psicomotricidade na que dramatizaron os diferentes medios de transporte: foron coches, barcos, trens,… E xa para rematar, traballaron a educación vial a través dun circuito montado no patio, no que a prioridade foi que interiorizaran o significado do semáforo así coma a importancia de cruzar utilizando os pasos de peóns. Que ben o pasamos!
OS INSTRUMENTOS
Escrito por calvario, o 5 Xuño 2009 16:01
Aniversarios dos golfiños
Escrito por calvario, o 5 Xuño 2009 15:47
Cultura Galega
Escrito por calvario, o 4 Xuño 2009 15:54
Na aula dos Golfiños estiveron aprendendo cousas da nosa cultura, introducíronse no mundo da música con distintas actividades como tocar con cunchas de vieira mentras cantaban, observar as diferentes partes dunha gaita e remataron con un concerto desta. Tamén se animaron a tocar, canto hai que soprar!
Dia da familia
Escrito por calvario, o 3 Xuño 2009 16:04
A FAMILIA
Escrito por calvario, o 3 Xuño 2009 16:04
Na aula de Parrulos/as traballamos na primeira quincena de Maio a Familia amosándolle os nenos/as os distintos tipos de familia que hai no mundo, cantándolle cancións referidas a este tema, xogando cos títeres que a representan e elaborando un agasallo para levar para a casa o Día da Familia.
Fixeron unha casiña que decoraron con moita ilusión pois nela colocaríamos a foto da súa valiosísima familia.
Na entrada colocamos un mural no que aparecían algúns dos valores que se deben potenciar nesta, mirade como decoramos o mural,que bonito
Sara xa ten un aniño!!!!
Escrito por calvario, o 2 Xuño 2009 09:14
Batalla de flores
Escrito por calvario, o 28 Maio 2009 08:32
En Vigo temos a tradición de facer unha batalla de flores polas principais rúas da cidade na festividade dos maios. Por este motivo, na galescola decidimos facer a nosa particular batalla cas nosas crianzas. Primeiro desmenuzámolas e logo disfrutamos un montón lanzándoas ao aire simulando así a BATALLA DE FLORES!!!
Aqui tedes unha boa mostra do ben que o pasamos!!!

















