Despedida elefantes 2009/2010
Escrito por calvario, o 5 Outubro 2010 19:40
Hola a todos/as:
Dende a Escola da Rúa Palencia queremos facerlle unha pequena homenaxe ós nosos nenos e nenas que dende setembro xa non están na escola.Todos marcharon para unha nova escola cunhas novas profes e uns novos compañeiros/as. Queremos desexarlle moitísima sorte nesta nova etapa e que todo vaia moi ben no voso futuro.
Moitas gracias a todos e a todas por todos os momentos que pasamos xuntos.Moitos deles xa levaban dous anos con nós e vivimos moitos momentos especias que nunca olvidaremos.Todas e cada unha das educadoras, Rober (PSX) e Mónica( cociñeira) levamos moitisimos recordos de todos vós.
Tamén queremos dar as gracias ás familias por darnos a oportunidade de participar na educación dos seus fill@s e esperamos que quedárades satisfeitos co noso traballo.
Por último queremos facer unha mención especial ós nenos/as que non aparecen nestas fotos como Kevin e Derek. Moitísima sorte tamén a volos dous.
Recordade que sempre estaremos aqui para que veñades a visitarnos.Xa sabedes, esta sempre será a vosa casa!!!! Un biquiño grande para todos e todas.




QUE BONITO É O VERÁN!!









