Arquivos da categoría ‘experiencias’
Escrito por calvario, o 9 Maio 2012 17:24
As tartaruguiñas de esta escola non paran de experimentar e experimentar, esta vez tocou pintar con pintura de dedos mesturada con aceite corporal. O principio non lles gustou moito a textura pero unha vez que o probaron ben… non pararon!!!
Mirade o resultado…

Publicado en Bolboretas, Familias, Tartarugas, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 1 Febreiro 2012 19:19
A pasada semana as nosas tartaruguiñas simularon ser grandes cociñeiros/as xogando con tarteiras e instrumentos da cociña. Pasárono en grande imitando á nosa cociñeira Moni,botaban cousas nas tarteiras, remexian con culleres e incluso xogaron con coladores e batidores.
Mirade como desfrutaron,e quen sabe ó mellor de aqui nos sae un gran cociñeiro/a.

Publicado en Familias, Obradoiros, Tartarugas, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 13 Decembro 2011 18:56
Vaia lío tivemos hoxe na aula das Tartarugas, tivemos un Obradoiro de lás no que as crianzas disfrutaron manipulando este novedoso material.
Algunhas tiveron que ser rescatadas da maraña de fíos que tiñan o seu arredor, je je!!

Publicado en Familias, Obradoiros, Tartarugas, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 14 Xullo 2011 07:08
Coma tódolos anos por estas datas, na aula dos elefantes fixemos o noso particular volcán. Misturamos os ingredientes necesarios, bicarbonato, keptchup e vinagre, esperamos, e observamos a reacción da mistura.
Xa temos o noso volcán!!!!

Etiquetas:volcan
Publicado en Elefantes, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 29 Xuño 2011 07:34
Na nosa escola, a véspera de San Xoán, preparamos as herbas típicas desta noite para poñer baixo a luz da lúa. As cheiramos, as tocamos, mmm que aroma!!!
No día de San Xoán a primeiriña hora da mañá nos lavamos con este auga para estar todos/as aínda máis guapos/as. Mirade, mirade!!!

Etiquetas:san xoan
Publicado en Elefantes, Tartarugas, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 14 Xuño 2011 08:28
Na aula dos elefantes rematamos o centro de interese dos oficios cunha visita e unha excursión.
A visita foi duns coelliños e da súa coidadora Marga. Ensinounos todo o que hay que ter en conta para coidalos, que se lle da de comer, como se limpan, como hay que facer a súa camiña…
Mirade que bonitiños son, portáronse de marabilla!

Por último, fixemos unha excursión á perruquería “Sendín”, que está o lado da nosa escola. Alí nos explicaron todo o que precisamos para estar guapos/as, e tamén como facelo. Mirade!!

Moitísimas grazas a todos/as os que colaborastes con nos nesta unidade, xa que sen vos non sería posible levala a cabo!!
Etiquetas:oficios
Publicado en Elefantes, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 5 Maio 2011 09:12
Un dos obradoiros destacados do mes de Abril foi o obradoiro de nata, ¡Que rica!. Todos e todas nos convertimos en pasteis de nata dende a cabeza ata os pés. Desfrutamos un montón e ademáis de experimentar novas sensacións, aproveitamos para encher as nosas barrigas con esta delicia.
Mirade que ben o pasamos!!!

Etiquetas:obradoiro
Publicado en Elefantes, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 31 Marzo 2011 19:35
Os colibrís seguimos coas artes plásticas e esta vez ás profes ocorreuselles que pintáramos con estropallos e cepillos de dentes!!!! mirade o ben que quedaron as nosas obras de arte, primeiro experimentamos co material e logo mans a obra!!!incluso atopamos novas formas de utilizar o material jeje!!! e que somos uns artistas.
Mirade que ben o pasamos!!!!

Publicado en colibrís, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 1 Febreiro 2011 15:01
A semana pasada o noso protagonista foi Yago. Explicounos o seu panel, sen esquecerse de ningún das/os protagonistas das súas fotos. Pasouno en grande, sendo o encargado da semana!!!
Ademáis, recibiu unha sorpresa enorme, visitounos a súa mamá e nos contou un conto precioso!!! Yago quedou abraiado coa súa visita, non a esperaba!!. Tamén nos convidou a un huesito de chocolate, mmmm que rico!!!
Aquí tedes unha pequena mostra desta semana.

E esta semana a protagonista é… Iria.
Etiquetas:protagonista
Publicado en Elefantes, Familias, experiencias | Non hai comentarios »