Arquivos da categoría ‘experiencias’

ESTIMULANDO OS SENTIDOS

Escrito por calvario, o 6 Decembro 2010 20:03

A partir do Gran Obradoiro dos Sentidos, fomos traballando e centrándonos en cada un deles para estimulalos máis concretamente. 

Comezamos facendo un pequeno Obradoiro do Gusto e Olfato no que as mestras puxeron á disposición dos Colibrís distintos alimentos e esencias para que probasen e cheirasen. Foi moi divertido ver as distintas caras según as sensacións que lle probocaban. E que non era o mesmo probar o sal que o azucre, je! Ou o limón que o chocolate!! Respeto ás esencias tamén aqui houbo malas e boas caras: o cheiro a colonia, vainilla,.. gustoulles moito pero o de allo, por exemplo, producía neles bastante rechazo! Só hai que observar as súas expresións!! OLLADE, OLLADE:

Outro día fixemos o Obradoiro de Luz/Oscuridade coa intención de estimular a vista. Cada nen@ trouxo da súa casa unha lanterna para poder levar a cabo esta experiencia. Pasárono pipa na aula de elefantes toda oscura. Xurdiron varias respostas interesantes d@s nen@s ante esta actividade: perseguían e intentaban pisar a luz que se reflexaba no chan, “buscáronse a vida” entre tod@s para alumbrar os paneis das fotos d@s compañeir@s da mañá e poder así xogar con elas, metían as lanternas na boca, entre as mans e aparecía todo vermello!!, utilizaron as lanternas como teléfonos,… Aínda que as fotos son bastante tétricas, ahí vai unha mostra:

O sentido do oído non podía ser menos así que unha tarde dispuxémonos a formar entre tod@s unha pequena orquesta!! Xogamos ao xogo de ruido/silencio, cantamos varias cancións á vez que tocábamos os instrumentos musicais,….pasando así a tarde envolt@s de ruidosas melodías!!!

Éstas foron as experiencias máis importantes do mes de novembro, entre outras moitas. Agora en Decembro toca traballar os Xoguetes e o Nadal!! Xa vos iremos contando o ben que o imos pasando coas actividades que teñen programadas as nosas mestras!! FELIZ PONTE!!!

OBRADOIRO DE MILLO.

Escrito por calvario, o 18 Novembro 2010 19:38

Como en anos anteriores aproveitamos productos da natureza e da terra para facer un dos obradoiros que máis chama a atención dos nenos e das nenas, o obradoiro de millo.

Moitos de eles e elas non viran nunca uns grans de millo e eso fixo que puxeran moitísimo interese, outros en cambio estaban acostumados a axudarlle os seus avós a debullalo e ainda así disfrutaron moitísimo quitando os grans, pasándoos polos embudos, meténdoos nos botes e caixas…

Só tendes que verlles as caras para ver o ben que o pasaron, incluso a máis pequecha da aula, axudada polos seus compañeiros/as,disfrutou con esta actividade.

Mirade, mirade…

OS SENTIDOS

Escrito por calvario, o 12 Novembro 2010 11:35

Na aula das Xirafas seguimos traballando os sentidos, polo que estas semanas fixemos actividades que favorecesen a súa estimulación. En primeiro lugar fixemos un Obradoiro de Xelatina no que puxemos a proba o sentido do gusto, tacto, olfato e vista. Presentámoslle distintos tipos de xelatina para que variase a súa cor, tamaño e sabor. Disfrutaron moito mentras a manipulaban, observando as súas características: era pegañenta, tardaba en caer…, e  o mellor de todo, era comestible!!!

Na aula escoitamos audicións de sons da vida cotiá e de animais que facilmente poideran recoñecer. Tamén manipulamos e observamos contos e papeis de distintas texturas e formas. Fixemos dous murais: un de texturas e outro no que pintamos con rodillos. Unhas pinturas estaban máis líquidas, outras máis espesas e…algúns ata se animaron a probalas!!!

Por útimo, para rematar este centro de interese decidimos facer o Obradoiro dos Sentidos no que as crianzas disfrutan moito e experimentan cos seus cincos sentidos todo tipo de sensacións. Mirade que ben o pasaron e como remataron. Agora un bañiño e coma novos/as!!!

Traballando cos sentidos!

Escrito por calvario, o 25 Outubro 2010 08:30

Este mes adicámolo a traballar os sentidos e a introducir os proxectos anuais que levaremos a cabo durante todo o curso: Animación á lectura e Que divertido é comer! (adicado á alimentación).

Aproveitamos o cambio de estación para, ademais de traballar os sentidos coa manipulación das follas e dos froitos, introducir a chegada do outono.

Eliximos os contos de “Caracol e caracola” para comezar a traballar a animación a lectura. Para iso pintamos ós protagonistas da historia, xogamos a camiñar coma eles e nos visitaron na aula.

Este mes o proxecto de alimentación estivo moi relacionado cos sentidos. Manipulamos, cheiramos e probamos diferentes alimentos, e como actividade final, Marga, a nosa cociñeira, axudounos a facer un riquísimo biscoito con noces.

Como actividade final do centro de interese deste mes, fixemos o obradoiro dos sentidos, no que puxemos a disposición das crianzas diferentes materiais para que os manipulasen libremente e utilizasen deste xeito todos os sentidos.

A/O Protagonista da semana!

Escrito por calvario, o 25 Outubro 2010 08:09

Na aula dos/das elefantes comezamos unha actividade moi bonita e motivadora para os/as nenos/as, “O libro do/da Protagonista”. Consiste en que cada familia nos conte na escola mediante un sistema de láminas de cartolina cousas do seu fillo/a, porque elixiron o seu nome, cales son as cousas que mais lle gustan, as que menos lle gustan, os seus xoguetes favoritos, etc. Durante toda a semana colgamos as láminas na aula para que tódolos/as nenos/as as observen, e o final de todo, cando teñamos tódalas láminas, faremos “O Gran Libro Dos/as Protagonistas” que cada neno levará para casa para que toda a sua familia o mire.

Ser protagonista tamén implica ser o/a encargado/a da semana, e isto ten certas responsabilildades. Entre elas esta a de repartir os vasos cando tomamos a galleta, repartir os babeiros e os cubertos no comedor, ser a locomotora do noso tren, etc.

A pasada semana tocoulle ser protagonista a Sara. Trouxo as láminas e nos explicou quenes estaban nas fotos. Tivo que facer tódalas tarefas que lle corresponden o/a encargado/a, e, o final da semana, tivo unha sorpresa. O seu irmán Adrián que esta na aula das tartarugas viu a visitarnos. Sara nos dixo como se chamaba, nos explicou que era o seu irman e as cousas que mais e menos lle gustaban. Levou unha sorpresa moi grande.

Esta semana tócalle ser protagonista a Hugo. Xa vos contaremos como foi a sua semana!!!!

PRIMEIROS DÍAS DAS XIRAFAS

Escrito por calvario, o 15 Outubro 2010 13:09

Recibimos os novos nen@s con moito entusiasmo e desexamos que se sentan a gusto tanto eles coma as súas familias e que disfruten cada día na nosa escola.

A primeira actividade que realizamos coas crianzas axudados polos seus pais/nais foi a decoración dun coxín para a aula que utilizará tódolos días durante a escoita de contos e cancións.

Tamén exploraron a escola e comezamos a coñecernos pois vamos a pasar longos ratos xuntos nos que compartiremos un montón de experiencias.

Velaquí están as novas xirafiñas!!

Aínda nos queda coñecer os nosos compañeir@s de aula que xa levan un aniño na escola así que compartimos momentos de xogo e actividades que faciliten o encontro, cantos amig@s para xogar!!!

Nestas fotos temos un popurrí de actividades que realizamos:xogo heurístico, elección do animal do noso percheiro e actividades plásticas nas que estamos traballando o conto da Porquiña Clea, unha amiga moi divertida a que non lle importa nada mancharse de barro, a nós tampouco!!!