Arquivos da categoría ‘Familias’
Escrito por calvario, o 8 Marzo 2012 16:57
Mirade mirade!! O noso pequeno Brais está feito todo un campeón, despois de moito esforzo, este pequecho conseguiu superar o seu medo e… xa camiña soíño!!! e agora non ai quen o pare…
Moitos parabéns Brais!!!

Publicado en Familias, Tartarugas | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 28 Febreiro 2012 13:10
Á atención das familias;
Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de marzo.
Un saúdo
menu-bebes-marzo12
menu-de-transicion-marzo12
menu-xeral-marzo12
Etiquetas:Familias, Menú
Publicado en Familias, Menús | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 27 Febreiro 2012 14:40
Continuamos coa celebración do entroido organizando unha gran festa!!
Todas e todos estaban convidadas/os a disfrazarse do que máis lles gustase para vir a pasar unha mañá divertida na escola!!
Primeiro as crianzas desfilaron lucindo o guapas que estaban e despois… todas/os a comer e a bailar!!
Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos…



Etiquetas:Entroido, Familias, festa
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Entroido, Familias, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 22 Febreiro 2012 10:56
O luns na escola tivemos unhas colaboradoras de primeira!
A mamá de Xavi, a mamá de Naiara e a avoa de Mafalda viñeron a axudarnos a preparar unhas deliciosas orellas e rosquillas para a festa do entroido. Pola mañá, Mónica a nosa cociñeira, preparou as masas e pola tarde contamos con estas colaboradoras de luxo que nos axudaron a cociñalas.
O resultado: delicioso! Agora, a degustalas na festa!!

Etiquetas:Entroido, Familias, obradoiro
Publicado en Entroido, Familias, Obradoiros | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 1 Febreiro 2012 19:19
A pasada semana as nosas tartaruguiñas simularon ser grandes cociñeiros/as xogando con tarteiras e instrumentos da cociña. Pasárono en grande imitando á nosa cociñeira Moni,botaban cousas nas tarteiras, remexian con culleres e incluso xogaron con coladores e batidores.
Mirade como desfrutaron,e quen sabe ó mellor de aqui nos sae un gran cociñeiro/a.

Publicado en Familias, Obradoiros, Tartarugas, experiencias | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 31 Xaneiro 2012 10:39
Á atención das familias;
Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de febreiro.
Un saúdo
menu-bebes-febreiro12
menu-de-transicion-febreiro12
menu-xeral-febreiro12
Etiquetas:Familias, Menú
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Familias, Menús, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 10 Xaneiro 2012 17:14
Á atención das familias;
Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de xaneiro.
Un saúdo
menu-bebes-xaneiro11
menu-xeral-xaneiro11
Etiquetas:Familias, Menús
Publicado en Familias, Menús | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 28 Decembro 2011 19:30
Na aula das tartarugas as crianzas non paran de sorprendernos.Primeiro foi a pequena Nerea e agora é a nosa tartaruguiña Esther a que se soltou a camiñar e que ben o pasa!!! agora non ai quen a pare, dun lado para outro sen parar.
Mirade mirade o contenta que está!!!
Parabéns pequecha!!!

Publicado en Familias, Tartarugas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 27 Decembro 2011 15:27
Dentro das actividades programadas para o nadal, un ano máis na escola levamos a cabo un obradoiro de xoguetes con material de refugallo. Os obxectivos principais desta actividade son, por un lado, pasar un bo rato na compaña das familias, e polo outro comprobar que moitos obxectos do cotiá poder convertirse nun gran xoguete para as/os nosas/os pequenas/os.
Para iso, cada aula buscou un xoguete para deseñar coas familias. A aula das tartarugas elexiu un encaixable con botellas con diferentes materias no seu interior; a aula das xirafas un tambor e a aula dos elefantes un tren.
Ó rematar a xornada, cada crianza marchou para a súa casa cos seus novos xoguetes, que tiñan un valor engadido ó facelos coa axuda das súas familias!



Etiquetas:Elefantes, Familias, obradoiro, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Entroido, Familias, Obradoiros, Tartarugas, Xirafas | 2 Comentarios »
Escrito por calvario, o 23 Decembro 2011 18:48
Na nosa escola, as familias son as encargadas de darlle vida a nosa árbore de Nadal. Este ano decidimos que sería moi bonito que cada familia nos trouxera unha postal, e coma sempre a iniciativa foi moi ben recibida. Temos postais de todo tipo, emotivas, graciosas, orixinais, personalizadas… Mirade que bonita quedou vestida a nosa árbore!

Dende aquí, queremos agradecer a colaboración das familias e aproveitar para desexarvos un Bó Nadal e un Próspero Aninovo!
Moitísimas Grazas!!!
Etiquetas:nadal
Publicado en Bolboretas, Celebracións, Elefantes, Familias, Tartarugas, Xirafas, colibrís | Non hai comentarios »