Arquivos da categoría ‘Obradoiros’

OBRADOIRO DE TARTEIRAS

Escrito por calvario, o 1 Febreiro 2012 19:19

A pasada semana as nosas tartaruguiñas simularon ser grandes cociñeiros/as xogando con tarteiras e instrumentos da cociña. Pasárono en grande imitando á nosa cociñeira Moni,botaban cousas nas tarteiras, remexian con culleres e incluso xogaron con coladores e batidores.

Mirade como desfrutaron,e quen sabe ó mellor de aqui nos sae un gran cociñeiro/a.

OBRADOIRO DE XOGUETES DE REFUGALLO

Escrito por calvario, o 27 Decembro 2011 15:27

Dentro das actividades programadas para o nadal, un ano máis na escola levamos a cabo un obradoiro de xoguetes con material de refugallo. Os obxectivos principais desta actividade son, por un lado, pasar un bo rato na compaña das familias, e polo outro comprobar que moitos obxectos do cotiá poder convertirse nun gran xoguete para as/os nosas/os pequenas/os.

Para iso, cada aula buscou un xoguete para deseñar coas familias. A aula das tartarugas elexiu un encaixable con botellas con diferentes materias no seu interior; a aula das xirafas un tambor e a aula dos elefantes un tren.

Ó rematar a xornada, cada crianza marchou para a súa casa cos seus novos xoguetes, que tiñan un valor engadido ó facelos coa axuda das súas familias!

OBRADOIRO DE LÁS

Escrito por calvario, o 13 Decembro 2011 18:56

Vaia lío tivemos hoxe na aula das Tartarugas, tivemos un Obradoiro de lás no que as crianzas disfrutaron manipulando este novedoso material.

Algunhas tiveron que ser rescatadas da maraña de fíos que tiñan o seu arredor, je je!!

Experimentamos, sentimos…

Escrito por calvario, o 17 Novembro 2011 15:02

Na aula das Xirafas levamos a cabo dous obradoiros que gustan moito as crianzas, o de xelatina e o de fariña. Experimentaron con novas texturas e sensacións e o pasaron de marabilla.

Mirade como disfrutaron.


O SAMAÍN

Escrito por calvario, o 7 Novembro 2011 08:39

Un ano máis, para festexar ó Samaín por todo o alto, a nosa escola organizou un obradoiro de deseño de cabazas coas familias.

Coma cada curso, as mamás e os papás acudiron ó centro para agasallarnos con sonrisas, coa súa compañía e con estupendas cabazas, cada unha máis orixinal e divertida.

Ó rematar, fixemos unha exposición para que todas e todos as poidésemos admirar!!

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!!

Actividades de verán!

Escrito por calvario, o 28 Xullo 2011 09:22

Como durante este mes de xullo non nos acompañou o bo tempo para facer actividades de auga, a aula das/os elefantes decidiu repetir algunhas das actividades que máis lle gustaran ó longo do curso. Había varias propostas: arxila, pintura, xeos,… e pouco a pouco fomos realizándoas todas!

Mentres agardamos o bo tempo, aquí tedes unha pequena mosta de todo o que fixemos!

OBRADOIRO CON PASTA

Escrito por calvario, o 18 Maio 2011 11:30

NESTA OCASIÓN AS CRIANZAS DA AULA DAS TARTARUGAS DESCUBRIRON NOVOS MATERIAIS PARA MANIPULAR.

DENDE O PRINCIPIO TANTO A PASTA COMO OS GARAVANZOS E LENTELLAS ESPERTARON A SUA CURIOSIDADE.

POIDERON DESCUBRIR COMO AS LENTELLAS SE LLE PEGABAN NAS MANS, O DIFÍCIL QUE É COLLER OS GARAVANZOS COS DEDIÑOS E ATA INTENTARON METER UN ESPAGUETTI POLO BURACO DOUTRO TIPO DE PASTA.

TODOS E TODAS PASARON UN BO RATO EXPLORANDO COUSAS NOVAS!!!!

COCORICO TAMÉN ENCANDILA AOS COLIBRÍS.

Escrito por calvario, o 14 Maio 2011 13:28

Os Colibrís tamén traballamos o conto de Cocorico e como nas demáis aulas, tamén nesta houbo un gusto e un interese especial pola historia, canción e como non, polas actividades plantexadas.

Fixemos a Cocorico en títere decorándoo con papel de seda e pintamos a Gato Pelado con pintura negra mezclada con azucre!!

Aproveitamos tamén para facer un Obradoiro de Cociña no que fixemos un bizcoito como o que fixeron a mamá Galiña co seu fillo Cocorico… Levou os mesmos ingredientes!! Tod@s participamos e axudamos: uns cascamos os ovos, outr@s botamos o azucre, a fariña e o aceite, raiamos limón, untamos o molde con manteiga,… Saiunos moi ben e ó día seguinte comémolo na merenda: mmmm, qué rico estaba: “picotí picotá, … e xa non queda ná”. Mirade en que grandes cociñeir@s nos convertimos:

COCORICO

Escrito por calvario, o 12 Maio 2011 19:47

Na aula das Xirafas rematamos o centro de interese dos contos coa historia do pitiño Cocorico: escoitamos o conto, cantamos e bailamos a súa canción e pintamos os seús personaxes!!

Ó igual que Cocorico e a súa nai: peneiramos a fariña, escachamos os ovos, batemos todo e fixemos un biscoito ENORMEEEE!!

Obradoiro pintura de dedos.

Escrito por calvario, o 29 Abril 2011 11:27

Os/as máis pequenos/as da escola experimentaron por primeira vez as sensacións que produce a pintura de dedos nos seus corpos.

Nun principio houbo que animalos a participar pero despois desfrutaron un montón  da actividade.

Primeiro manipularon a pintura coas mans e co corpo, e despois experimentaron con pinceis.