Arquivos da categoría ‘Obradoiros’
Escrito por calvario, o 12 Maio 2011 19:47
Obradoiro pintura de dedos.
Escrito por calvario, o 29 Abril 2011 11:27
Os/as máis pequenos/as da escola experimentaron por primeira vez as sensacións que produce a pintura de dedos nos seus corpos.
Nun principio houbo que animalos a participar pero despois desfrutaron un montón da actividade.
Primeiro manipularon a pintura coas mans e co corpo, e despois experimentaron con pinceis.
OS COLIBRIS E A ARTE
Escrito por calvario, o 12 Abril 2011 19:02
Como xa sabedes este mes á aula dos/as Colibrís estivo traballando as artes plásticas. Despois de moito traballo quixemos despedirnos deste centro de interese por todo o alto.
Os tres últimos obradoiros que fixemos non só foron moi divertidos e estimulantes para as crianzas senón que tamén foron moi pero que moi sucios!!!Mirade, mirade!!
PINTAMOS COS PÉS
Este primeiro obradoiro foi un adianto do que viría despois. Tod@s os nenos/as estiveron moi concentrad@s en como quedaban as súas pisadas no papel. Ó principio só pintábamos cos pés pero unha vez que lles demos os pinceis para que se pintasen eles mesmos, acabaron por pintar todas as partes do seu corpo.Mirade o resultado.
Como podedes ver, ó final tod@s tiveron que ir á bañeira jeje! pero o máis importante foi que gozaron un montón de esta actividade.
CHOCOLATADA.
O segundo obradoiro foi unha gran chocolatada ummhh que rico!!!! Ó principio os nenos/as non daban crédito ó que estaban a ver ¿pintar con chocolate? Eles o que querian era comelo!!! pero pouco a pouco comezaron a pintar primeiro o papel e logo claro está o seu corpo!!! Que suave lle quedou a pel despois dun bo tratamento de chocolaterapia jaja!Non querían que rematara a actividade!!Pasárono en grande e ademáis pegáronse un bó atracón de doce!!
A única que non o pasou moi ben foi a nosa pequena Alba que eso de mancharse todavía non lle gusta moito pero os demáis….
PINTURA CORPORAL.
Para rematar o mes das artes, como vimos que ás nosas crianzas lles gustaba moito pintar no seu corpo decidimos probar algo novo. Mesturamos pintura de dedos e crema hidratante e…¡este é o resultado!!!
Todas e cada unha das nosas crianzas quedaron guapísimas!!!
OBRADOIRO DE PAPEL
Escrito por calvario, o 11 Abril 2011 10:24
Obradoiro de Luces
Escrito por calvario, o 24 Marzo 2011 11:39
Xogamos con tarteiras
Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2011 10:36
OBRADOIRO DE XOGUETES!!
Escrito por calvario, o 23 Decembro 2010 13:55
Como en anos anteriores e coincidindo coas datas de Nadal, decidimos facer un obradoiro de xoguetes con material de refugallo para as nosas crianzas. Pedimos a colaboración das mamás e dos papás para que, con moita imaxinación, fixeran un xoguete con materiais que todas/os temos na casa. Fixemos instrumentos como, guitarras, zambombas e tambores, e os mais pequerrechos fixeron un ensartable.
Foi todo un éxito!, as crianzas estaban encantadas co xoguete que elaboraran coas súas familias, e un ano mais puideron comprobar como con poucas cousas e moita imaxinación podemos facer xoguetes de todo tipo ser ter que mercalos.
Aqui tedes unha mostra do ben que o pasamos e dos xoguetes que realizamos!
Aproveitamos para felicitar as familias pola súa marabillosa colaboración e por estar sempre tan dispostas nos obradoiros propostos pola escola e tamén desexarlles un…
BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2011!!!
ESTIMULANDO OS SENTIDOS
Escrito por calvario, o 6 Decembro 2010 20:03
A partir do Gran Obradoiro dos Sentidos, fomos traballando e centrándonos en cada un deles para estimulalos máis concretamente.
Comezamos facendo un pequeno Obradoiro do Gusto e Olfato no que as mestras puxeron á disposición dos Colibrís distintos alimentos e esencias para que probasen e cheirasen. Foi moi divertido ver as distintas caras según as sensacións que lle probocaban. E que non era o mesmo probar o sal que o azucre, je! Ou o limón que o chocolate!! Respeto ás esencias tamén aqui houbo malas e boas caras: o cheiro a colonia, vainilla,.. gustoulles moito pero o de allo, por exemplo, producía neles bastante rechazo! Só hai que observar as súas expresións!! OLLADE, OLLADE:
Outro día fixemos o Obradoiro de Luz/Oscuridade coa intención de estimular a vista. Cada nen@ trouxo da súa casa unha lanterna para poder levar a cabo esta experiencia. Pasárono pipa na aula de elefantes toda oscura. Xurdiron varias respostas interesantes d@s nen@s ante esta actividade: perseguían e intentaban pisar a luz que se reflexaba no chan, “buscáronse a vida” entre tod@s para alumbrar os paneis das fotos d@s compañeir@s da mañá e poder así xogar con elas, metían as lanternas na boca, entre as mans e aparecía todo vermello!!, utilizaron as lanternas como teléfonos,… Aínda que as fotos son bastante tétricas, ahí vai unha mostra:
O sentido do oído non podía ser menos así que unha tarde dispuxémonos a formar entre tod@s unha pequena orquesta!! Xogamos ao xogo de ruido/silencio, cantamos varias cancións á vez que tocábamos os instrumentos musicais,….pasando así a tarde envolt@s de ruidosas melodías!!!
Éstas foron as experiencias máis importantes do mes de novembro, entre outras moitas. Agora en Decembro toca traballar os Xoguetes e o Nadal!! Xa vos iremos contando o ben que o imos pasando coas actividades que teñen programadas as nosas mestras!! FELIZ PONTE!!!
OBRADOIRO DE MILLO.
Escrito por calvario, o 18 Novembro 2010 19:38
Como en anos anteriores aproveitamos productos da natureza e da terra para facer un dos obradoiros que máis chama a atención dos nenos e das nenas, o obradoiro de millo.
Moitos de eles e elas non viran nunca uns grans de millo e eso fixo que puxeran moitísimo interese, outros en cambio estaban acostumados a axudarlle os seus avós a debullalo e ainda así disfrutaron moitísimo quitando os grans, pasándoos polos embudos, meténdoos nos botes e caixas…
Só tendes que verlles as caras para ver o ben que o pasaron, incluso a máis pequecha da aula, axudada polos seus compañeiros/as,disfrutou con esta actividade.
Mirade, mirade…






















