Arquivos da categoría ‘Saídas’
Escrito por calvario, o 30 Marzo 2011 08:57
Para rematar a unidade das “Tendas”, na aula dos/as elefantes, decidimos realizar varias excursións polo entorno do Calvario para que as crianzas observaran en vivo e en directo todo o que xa traballaramos na escola.
Primeiro visitamos a froitaria “Frutas Nieves”, observamos todo tipo de froitas e hortalizas e as dependientas que foron moi amables nos agasallaron cun amorodo á saída. Estaba riquísima!

Despois nos diriximos ata o mercado vestidos de peixeiros/as onde observamos todo tipo de peixes. As crianzas deixaron voar a súa imaxinación e ata miraban tiburóns pero as peixeiras moi amables decíanlles os nomes correctos de cada peixe. Beltrán non parou ata que atopou os langostinos. Quedaron asombrados cando nos amosaron grandes peixes de enormes dentes. Mirade!

Esa mesma semana tamén visitamos o “Supermercado Froiz” para amosarlles as crianzas a mercar as cousas necesarias para o día a día e inicialos nun consumo responsable. Tamén diferenciamos os productos alimenticios dos que non o son.
Avram encargouse de ensinarlles o resto dos seus compañeiros/as como hai que facer para mercar algo e o fixo de marabilla.
Ó final da visita os empregados/as do super nos agasallaron cunha bolsa de caramelos para cada neno. Foron moi amables con nos.

Moitísimas grazas ó Mercado do Calvario, a Frutas Nieves e o Supermercado Froíz, por ser tan amables con nos e por adicarnos un ratiño do seu tempo que sabemos que non sobra.
Una aperta moi forte!!
Etiquetas:froitaría, mercado, Saídas, supermercado
Publicado en Elefantes, Familias, Saídas, Visitas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 9 Marzo 2011 14:01
O pasado venres celebramos o desfile de entroido na nosa escola. Saímos a pasear pola peonil do Calvario as abelliñas e as flores, acompañadas por suposto do apicultor que se encargaba de que non se perdera nin unha gota de mel.
Comezamos por prepararnos:


Que guapas e que guapos estamos!!! O desfile xa pode comezar!!!
Mirade que ben van as Xirafas agarradiñas no tren!


Correde Xirafas, que ahí veñen os elefantes e os colibrís!!!


As tartarugas como son moi lentas decidiron ir en carriños de supermercado. Así si que corren!


Que ben o pasamos, canta xente nos chamou guapas e guapos!! Para o ano repetimos xa que foi todo un éxito. As nosas crianzas portaronse de marabilla e cantaron durante todo o camiño duas cantigas que inventamos no cole. Ahí van:
Esta cántase co ritmo de carnaval, carnaval.
“Cultivar, cultivar, cultivar o mel,
todas xuntas traballar
para o nectar atopar,
polo mundo enteiro!”
E esta coa melodia de conguitos.
“Somos as abellas, e pasamolo moi ben,
alegres e pequeniñas, sempre facemo-lo mel!”
Esperamos que esta pequena mostra, deste gran desfile vos gustara tanto coma nos gustou a nos!
Un saúdo
Etiquetas:desfile entroido
Publicado en Celebracións, Elefantes, Entroido, Familias, Saídas, Tartarugas, Xirafas, colibrís | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 28 Xaneiro 2011 11:07
Na aula dos elefantes, adicamos o mes de Xaneiro ós medios de comunicación.
Fixemos un montón de actividades, un mural, un buzón para meter as nosas cartas, un obradoiro de papel e incluso nos grabamos realizando as rutinas diarias nun día de escola para despois visionalo todas/os xuntos.
Tamén tivemos duas actividades moi especiais. A primeira foi unha excursión a correos. Levamos unha carta para enviarlles as nosas familias, e alí nos explicaron como é todo o proceso antes de que as cartas cheguen a casa. Que ben o pasamos, ata nos deron un agasallo por portarnos tan ben!!!
A segunda foi a visita da carteira a nosa escola. Nos trouxo unha sorpresa moi especial, unha carta das nosas familias!!!! que ilusión!!!
Queremos aproveitar para darlle as gracias, tanto ó persoal de correos coma a carteira, Amparo, por atendernos tan ben!
Aquí vos mostramos todo o que fixemos!




Etiquetas:medios de comunicación
Publicado en Elefantes, Saídas | Non hai comentarios »