Arquivos da categoría ‘Tartarugas’

Día da Paz

Escrito por calvario, o 6 Febreiro 2012 14:25

O pasado día 30 de xaneiro, na escola festexamos o Día da Paz e todas/os xuntas/os cantamos:

“Non queremos guerras neste mundo por favor,

que todo o planeta viva unido no amor.

Brancos, negros, amarelos todas/os nunha cor,

todas/os nunha piña sen pelexas, sen rencor.”

Oxalá que pronto festexemos que non hai ningunha guerra no mundo!

OBRADOIRO DE TARTEIRAS

Escrito por calvario, o 1 Febreiro 2012 19:19

A pasada semana as nosas tartaruguiñas simularon ser grandes cociñeiros/as xogando con tarteiras e instrumentos da cociña. Pasárono en grande imitando á nosa cociñeira Moni,botaban cousas nas tarteiras, remexian con culleres e incluso xogaron con coladores e batidores.

Mirade como desfrutaron,e quen sabe ó mellor de aqui nos sae un gran cociñeiro/a.

Menú de febreiro

Escrito por calvario, o 31 Xaneiro 2012 10:39

Á atención das familias;

Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de febreiro.

Un saúdo

menu-bebes-febreiro12

menu-de-transicion-febreiro12

menu-xeral-febreiro12

Festa de fin de ano!

Escrito por calvario, o 10 Xaneiro 2012 17:36

Para despedir o ano, na escola decidimos celebrar unha gran festa, por iso vestímonos de gala e  preparámonos para pasalo en grande: tomamos as uvas da sorte, bailamos, cantamos e para rematar… desfrutamos dun riquísimo chocolate con churros!! Que rico estaba!

Todo o equipo quere desexarvos un moi feliz 2012 no que todos os vosos desexos se fagan realidade!

Coidado!!! a pequena Esther xa camiña!!!

Escrito por calvario, o 28 Decembro 2011 19:30

Na aula das tartarugas as crianzas non paran de sorprendernos.Primeiro foi a pequena Nerea e agora é a nosa tartaruguiña Esther a que se soltou a camiñar e que ben o pasa!!! agora non ai quen a pare, dun lado para outro sen parar.

Mirade mirade o contenta que está!!!

Parabéns pequecha!!!

OBRADOIRO DE XOGUETES DE REFUGALLO

Escrito por calvario, o 27 Decembro 2011 15:27

Dentro das actividades programadas para o nadal, un ano máis na escola levamos a cabo un obradoiro de xoguetes con material de refugallo. Os obxectivos principais desta actividade son, por un lado, pasar un bo rato na compaña das familias, e polo outro comprobar que moitos obxectos do cotiá poder convertirse nun gran xoguete para as/os nosas/os pequenas/os.

Para iso, cada aula buscou un xoguete para deseñar coas familias. A aula das tartarugas elexiu un encaixable con botellas con diferentes materias no seu interior; a aula das xirafas un tambor e a aula dos elefantes un tren.

Ó rematar a xornada, cada crianza marchou para a súa casa cos seus novos xoguetes, que tiñan un valor engadido ó facelos coa axuda das súas familias!

FELICES FESTAS!!

Escrito por calvario, o 23 Decembro 2011 18:48

Na nosa escola, as familias son as encargadas de darlle vida a nosa árbore de Nadal. Este ano decidimos que sería moi bonito que cada familia nos trouxera unha postal, e coma sempre a iniciativa foi moi ben recibida. Temos postais de todo tipo, emotivas, graciosas, orixinais, personalizadas… Mirade que bonita quedou vestida a nosa árbore!

Dende aquí, queremos agradecer a colaboración das familias e aproveitar para desexarvos un Bó Nadal e un Próspero Aninovo!

Moitísimas Grazas!!!

VISITA INESPERADA DE PAPÁ NOEL.

Escrito por calvario, o 22 Decembro 2011 18:35

Este mércores recibimos unha visita moi especial!! Cando nos preparábamos para ir ao comedor, alguén chamou a porta, e…… de súpeto apareceu Papá Noel, todo vestido de vermello, coa súa barba branca e cheo de alegría por ver ás crianzas desta escola tan contentas coa súa chegada inesperada!!

Algúns nen@s aproveitaron para contarlles o boíñ@s que son e para ensinarlle a través de revistas, os xoguetes que pedían!!

Esperamos que Papa Noel conceda os desexos de tod@s @s nen@s!!!

Moitas grazas pola visita e sobre todo por provocar sorrisos n@s máis pequech@s!!! Bo Nadal!!!

OBRADOIRO DE FARIÑA

Escrito por calvario, o 22 Decembro 2011 17:04

Na aula das Tartarugas realizamos un Obradoiro de fariña no que as crianzas participaron e desfrutaron moito. Ademais de fariña tiñan vasos, pratos e culleres para deixar voar a creatividade e experimentar co material. Tamén lles agochamos noces e…

…buscando e buscando apareceron pero un pouco brancas, coma as nosas Tartarugas je je!!

Este obradoiro despertou a súa curiosidade e pouco a pouco fixeron pequenos trasvases , sentiron a súa textura na pel,e estiveron moi felices experimentando con este material .

Nerea dá os seus primeiros pasiños!!!!

Escrito por calvario, o 20 Decembro 2011 15:21

A nosa pequena Nerea da aula das tartarugas comezou a dar os seus primeiros pasiños, é toda unha campeona xa que fai nada todavia non se atrevia a gatexar e en dúas semanas xa está camiñando BRAVO NEREA!!!