DE OUTUBRO A XANEIRO
Coma na páxina principal do blogue van a aparecer as actividades que realicemos na galescola a partir de febreiro, aquí ensinarémosvos todo o que fixemos ata o de agora. Esperamos que disfrutedes!
O Samaín
Para achegar ás crianzas á súa cultura próxima, e de paso recuperar unha tradición celta moi antiga, a última semana de outubro decidimos celebrar o samaín. Para iso deseñamos toda unha serie de actividades encamiñadas a que nenas e nenos coñeceran as principais características desta festa.
Primeiro contamos un conto sobre “O Samaín”, para que as crianzas coñeceran a historia e entre todas e todos pintamos unha enorme calabaza.
E despois de tanto traballar, hai moito que limpar!
Tamén tivemos tempo para cociñar. Introducimos aos máis pequenos na arte da repostería facendo un biscoito de cabaza, pasámolo xenial! E o mellor o resultado, xa que estaba moi rico!!
E nesta festa tan importante, non podían faltar as familias, que se achegaron á Escola Infantil para participar no obradoiro de deseño de Cabazas. Quedaron chulísimas, pero mellor, vedeo vós e comprobalo…
O MAGOSTO
Unha tradición moi arraigada entre todas/os nós é o Magosto. Antígamente celebrábase esta festa reuníndose moitos veciños arredor dun lume onde asaban as castañas; logo aproveitaban para cantar, tocar e baillar, era toda unha festa!
Dende a Escola Infantil quixemos por en contacto ás crianzas con esta tradición, por iso achegamos as canstañas ao centro: manipularon follas de castaño, castañas e ourizos; construímos un castiñeiro entre todas e todos, tocamos e cantamos, e despois tivemos unha desgustación de castañas para que probaran castañas crudas, codias e asadas. Sen dúbida as cocidas foron as que máis triunfaron.
E coma remate, fixemos un gran Magosto ao que convidamos ás/ós nosas/os veciños, as nenas e nenos da E.E.I. Rúa Palencia. Pasamolo en grande!
O DÍA DA NENA E DO NENO
Para celebrar este día tan especial para as crianzas, entre todas e todos plasmamos as nosas mans nun enorme mural situado no patio. As mans representaban a súa identidade e os seus dereitos. Ademais, os golfiños pintaron un corazón que simbolizaba o amor que se lles entrega e que nos entregan, e fixemos unha gran festa na que os abrazos eran os protagonistas. Mirade e descubride o ben que o pasamos…
O NADAL
E chegou o Nadal, época de ledicia, pasar tempo coa familia e compartir. Na Escola Infantil puxémonos mans á obra para decorala e poñela moi bonita, e ata fixemos unha árbore entre todas e todos!
A aula dos golfiños fixo un gran traballo en equipo ao decorar a postal de Nadal da Escola Infantil, mirade que chula quedou…
E, como somos conscientes de que nesta época as crianzas reciben moitos xoguetes, organizamos un obradoiro no que cada crianza traía da casa un xoguete que lle gustase para deixalo no cole e compartilo coas e cos compañiras/os. Durante esa semana todas e todos tiñan que deixarlle os seus xoguetes aos compañeiros e compañeiras.
E por suposto, tamén recibimos a visita de Papá Noel, que estaba no cole do lado e baixou a desexarnos unhas moi felices festas!
O NOSO CORPO
As nenas e os nenos da Escola Infantil tamén tiveron tempo a descubrir o seu corpo. A través de actividades de psicomotricidade, da construción dunha silueta do seu corpo, de actividades psicomotrices e de masaxes as crianzas diferenciaron o seu corpo do dos demais, así coma as súas partes e os nomes das mesmas. Sen embargo, unha imaxe vale máis que mil palabras.
E coma remate, as crianzas asociaron as sensacións do corpo cos diferentes materiais na gran actividade dos sentidos que realizamos. Para iso, colocamos unha serie de recipientes en usos múltiples con diversos materiais (fariña, pasta, area,…), espimos ás crianzas (para a experimentación sensorial) e levámolos á sala onde tiñamos os materiais. Logo, deixamos que elas e eles descubrisen todas as posibilidades que a manipulación e a experimentación lles ofrece…
O equipo educativo.













