O PRIMEIRO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

A mediados do mes de setembro, abriu a Escola Infantil e comezaron a chegar as/os verdadeiras/os protagonistas.

Tiveron que coñecer novos espazos, situacións e compañeiras/os. Pero Xogaron e disfrutaron, cantaron e bailaron e o máis importante, comezaron un camiño cheo de grandes aventuras e ilusións.

Tamén queremos agradecer a colaboración das familias, xa que sen elas, esta escola non sería a mesma, e este camiño non sería tan doado.

Antes de rematar, queremos agradecer os esforzos do primeiro equipo educativo da Escola Infantil, xa que puxeron todos os seus esforzos e ánimos para poñer en marcha este proxecto. Moitos biquiños para Lourdes, Carla, Sara, Wendy, Paula, Bea e Cris.

Moitas grazas por todo.