E TI, QUE QUERES SER DE MAIOR?
Na aula dos elefantes rematamos o centro de interese dos oficios cunha visita e unha excursión.
A visita foi duns coelliños e da súa coidadora Marga. Ensinounos todo o que hay que ter en conta para coidalos, que se lle da de comer, como se limpan, como hay que facer a súa camiña…
Mirade que bonitiños son, portáronse de marabilla!

Por último, fixemos unha excursión á perruquería “Sendín”, que está o lado da nosa escola. Alí nos explicaron todo o que precisamos para estar guapos/as, e tamén como facelo. Mirade!!

Moitísimas grazas a todos/as os que colaborastes con nos nesta unidade, xa que sen vos non sería posible levala a cabo!!