Escrito por calvario, o 7 Marzo 2012 17:13
Na aula das Tartarugas xogamos a agocharnos en caixas grandes de cartón, tamén gardamos cousas nelas e pechamolas e abrimolas unha e outra vez, que divertido!!


Etiquetas: experiencias, Tartarugas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 2 Marzo 2012 15:01
Emmanuel e Yaira xa foron protagonistas pero estas últimas semanas con tanta festa do Entroido, xa se nos pasaba publicalo e subir fotos relacionadas!!
A semana que lle tocou a Emmanuel, viu a súa nai a contarnos o conto de “Chocolata”, co que estivemos realmente atent@s!! Grazas Nancy, por deleitarnos con ese conto tan fermoso!!


Etiquetas: protagonista
Publicado en Elefantes | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 28 Febreiro 2012 13:10
Á atención das familias;
Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de marzo.
Un saúdo
menu-bebes-marzo12
menu-de-transicion-marzo12
menu-xeral-marzo12
Etiquetas: Familias, Menú
Publicado en Familias, Menús | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 27 Febreiro 2012 14:40
Continuamos coa celebración do entroido organizando unha gran festa!!
Todas e todos estaban convidadas/os a disfrazarse do que máis lles gustase para vir a pasar unha mañá divertida na escola!!
Primeiro as crianzas desfilaron lucindo o guapas que estaban e despois… todas/os a comer e a bailar!!
Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos…



Etiquetas: Entroido, Familias, festa
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Entroido, Familias, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 22 Febreiro 2012 18:52
Así como chegou foise!!! O día de hoxe, na escola, foi moi triste, enterramos a sardiña, isto significa que o entroido xa rematou para nós. De modo que O meco despidese ata o ano que ven…
Primeiro seguimola en procesión pola plaza…

DESPOIS DESPEDIMONOS DELA CON GRAN PESAR… OS NENOS E NENAS REGALARONLLE FLORES

pero isto non rematou aquí, na tarde volvemos a facerlle unha homenaxe a este peixiño que nos informa do remate do entroido. festa que nos trouxo tantas alegrías. ata o próximo ano!!!!!!!!!!!

Etiquetas: enterro sardiña, Entroido
Publicado en Celebracións | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 22 Febreiro 2012 10:56
O luns na escola tivemos unhas colaboradoras de primeira!
A mamá de Xavi, a mamá de Naiara e a avoa de Mafalda viñeron a axudarnos a preparar unhas deliciosas orellas e rosquillas para a festa do entroido. Pola mañá, Mónica a nosa cociñeira, preparou as masas e pola tarde contamos con estas colaboradoras de luxo que nos axudaron a cociñalas.
O resultado: delicioso! Agora, a degustalas na festa!!

Etiquetas: Entroido, Familias, obradoiro
Publicado en Entroido, Familias, Obradoiros | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 21 Febreiro 2012 09:56
O pasado venres, as nenas e os nenos da escola saímos a desfilar polo Calvario!
Despois de confeccionar o noso disfrace, puxémonos moi guapas e guapos para a ocasión…
Pola mañá, moi cediño, chegamos ó cole para prepararnos e logo marchamos de paseo pola peonil para que todo o mundo vira que pingüíns tan fermosos chegaran a Vigo.
Pasámolo moi, moi ben e aquí vos deixamos un pequeno recordo deste gran día:




Tamén queremos mandarlle unha gran aperta ás voluntarias tan guapas que nos acompañaron neste gran día!! Moitos biquiños e moitas grazas para todas!!
Etiquetas: Bolboretas, Desfile, Elefantes, Entroido, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Entroido, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 20 Febreiro 2012 19:41
No día de hoxe O Meco ordenou vestirse de rockeiros/as… a verdade é que estabamos ben guapos/as… pasamolo en grande imaxinando que tocabamos nun gran grupo de rock.

PARA O MARTES DE ENTROIDO O MECO DI: O MARTES UNHA GRAN FESTA SERÁ E DA CASA CON UN DISFRAZ VIRÁS
Etiquetas: festas, rockeros
Publicado en Celebracións | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 17 Febreiro 2012 15:09
O pasado venres, a escola convertuese nun taller de creación onde as familias deseñaron os disfraces que as crianzas lucirían no desfile de entroido.
Todas e todos traballaron un montón! O grupo de 0-1 realizou o disfrace na aula, mentres que as familias de 1-2 e 2-3 o fixeron na sala de usos múltiples.

O resultado foron uns disfraces preciosos que lucimos hoxe no defile, pero para velos, teredes que agardar un pouquiño…
Etiquetas: Entroido, Familias, obradoiro
Publicado en Entroido, Obradoiros | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 16 Febreiro 2012 19:50
Hoxe o Meco Mequiño mandounos vir de pantis, así que buscamos os máis bonitos que tíñamos na casa e así de guap@s estivemos toda a xornada!!!

Etiquetas: meco
Publicado en Bolboretas, Celebracións, Elefantes, Tartarugas, Xirafas | 1 Comentario »