Anotacións coas etiquetas “Aniversarios”

PARABÉNS!

Escrito por calvario, o 31 Maio 2011 07:27

Onte festexamos os aniversarios de Judite, da aula das xirafas, que cumplía dous aniños, e de Breixo, da aula dos elefantes, que cumplía tres.

Fixemos unha gran festa onde, por suposto, non faltaron as velas, as tartas, e sobre todo a música e o baile.

Desexámosvos moitísimos parabéns e que cumplades moitos mais!

MOITOS PARABÉNS!!!

Escrito por calvario, o 16 Maio 2011 08:02

No que vai de mes, na aula dos/as Elefantes, festexamos os aniversarios de Adrián, Nerea Bouzo, Mario e Sara Osorio.Xa son nenos/as maiores, xa que todos/as cumpliron os 3 aniños.

Pasámolo en grande e fixemos unhas festas de cumple por todo o alto!!

Moitísimos parabéns e que cumplades moitísimos mais!!!

YAIRA XA TEN 2 ANOS!!

Escrito por calvario, o 15 Abril 2011 07:35

Na aula das Xirafas tivemos de aniversario a Yaira, soprou as velas rodeada dos seus compañeiros/as que alegremente lle cantaban ” parabéns para ti…”. Xusto coincidiu co obradoiro de fariña e mirade que guapa coa súa coroa!!

PARABÉNS LEIRE

Escrito por calvario, o 12 Abril 2011 14:31

A semana pasada Leire da aula das/os elefantes cumpliu tres aniños!!

Aproveitando o bo tempo, fixemos unha gran festa no patio: bailamos, xogamos á roda,… Ademais convidounos a un anaquiño de tarta de chocolate, que rica! Pasámolo en grande!!

Moitos parabéns Leire e que cumplas moitos máis!!

ANIVERSARIO DE ANTÍA!!

Escrito por calvario, o 12 Abril 2011 13:04

Antía, da aula das/os elefantes, xa cumpliu 3 aniños!! E para celebralo, preparamos unha festa por todo o alto na que nos convidou a un estupendo biscoito de chocolate e ademais agasallounos cuns caramelos moi ricos! As/Os súas/Seus compañeiras/os preparáronlle un bonito libro con debuxos para que sempre o teña de recordo!

Moitísimos parbéns Antía e que cumplas moitos máis!!

MARCOS XA TEN 2 ANOS!!

Escrito por calvario, o 23 Marzo 2011 08:32

Na aula das Xirafas festexamos o aniversario de Marcos, cumpriu 2 anos!!Soprou as velas, bailamos, xogamos e cantamos ao son da música para celebrar o seu cumple por todo o alto. Logo convidou aos seus compañeiros/as a unha saborosa tarta, que RICA!!

MOITOS PARABÉNS MARCOS!!!

PARABÉNS HUGO!!!

Escrito por calvario, o 7 Marzo 2011 08:42

A semana pasada o noso compañeiro Hugo da aula dos Elefantes cumpliu 3 aniños, xa é todo un neno maior. Celebramos unha gran festa, ademais coincidiu coa orde do meco de levar algo divertido na cabeza, e a Hugo tocoulle levar a coroa do seu aniversario.

Pasámolo moi ben. A Hugo encantoulle celebrar o seu aniversario cos seus compañeiros, e cando se decatou da sorpresa que escondía a tarta, mais contento se puxo todavía!!!

Moitísimos parabéns Hugo e que cumplas moitos mais. Unha aperta moi grande de tódolos teus compañeiros/as e das profes.

Antonio protagonista

Escrito por calvario, o 2 Marzo 2011 16:50

A semana pasada o protagonista da aula das/os elefantes foi Antonio. Tivo unha semana moi especial, xa que recibiu a visita da súa tía e da súa madriña, que viñeron á escola a contarnos un precioso conto.

Ademais, o pasado venres foi o cumple de Antonio, xa ten 3 aniños!! e fixemos unha gran festa para celebralo. Foi unha semana moi completa!

Esta semana o protagonista é: Mario!

Aniversario de Beltrán

Escrito por calvario, o 14 Febreiro 2011 16:13

O pasado venres, celebramos o aniversario de Beltrán!

Fixemos unha festa por todo o alto e convidounos a unha deliciosa rosca. Na festa, cantamos e bailamos e aproveitamos para saúdar a Xoán da aula das xirafas que tamén estaba de aniversario.

Sen dúbida, o que máis lle gustou a Beltrán foi o agasallo que lle fixeron as/os súas/seus compañeiras/os, ollouno moi detidamente!

Moitísimos parabéns Beltrán, e moitos bikiños de todas/os!

PARABÉNS DANIELA!!!!!

Escrito por calvario, o 8 Febreiro 2011 20:41

O luns día 7 de febreiro a nosa amiga Daniela cumplíu 3 aniños!!  Como era un día moi especial fixemos unha gran festa para celebralo, puxemos música e fixemos unha gran roda, tomamos unha rica tarta xeada e tamén uns poucos gusanitos e para rematar Daniela entregounos un regaliño para cada un de nós.Pasámolo en grande!!

Moitos parabéns pequecha!!!!

Moitos biquiños!!!