Anotacións coas etiquetas “Auga”

FACEMOS BARRO.

Escrito por calvario, o 9 Xuño 2011 18:21

Relacionando o tema da horta, os Colibrís fixemos un obradoiro que consistiu en xogar con terra e auga,… ou o que é o mesmo : xogamos con barro que fixemos nós mesm@s!! Menuda armamos!! Pasámolo de maravilla! Era a primeira vez que facíamos este obradoiro na escola. Os nen@s decían que querían repetir,…. As mestras case que nos decantábamos por unha e nada máis,… pero si é o que lles interesa aos nen@s non nos vai quedar outra que propoñelo máis veces, jeje!!

A continuación amosamos unha pequena mostra de fotos, a cal nos resultou difícil seleccionar xa que hai imaxes desa tarde realmente fermosas!!

OBRADOIRO DE AUGA

Escrito por calvario, o 11 Febreiro 2011 18:32

A semana pasada as Xirafas realizamos un Obradoiro de Auga co que disfrutamos tod@s un montón!! A intención era que as crianzas experimentaran distintas temperaturas xa que a auga da bañeira estaba templada, nunhas botellas e nos globos fría,…. virán como determinados obxectos flotan e que fixeran trasvases a distintos recipientes.

Pasárono en grande, só hai que fixarse nas cariñas de ledicia que amosan en xeral!!

ESPERAMOS REPETIR A EXPERIENCIA DADO O ÉXITO QUE TEÑEN OS XOGOS COA AUGA PARA @S NEN@S!!

CHAPOTEANDO

Escrito por calvario, o 16 Xullo 2010 10:25

Ó igual que os Elefantes, as Tartarugas e as Xirafas tamén participaron nun obradoiro de auga.

Como xa hai varios nen@s de vacacións xuntamos as dúas aulas e xogamos xuntos con este elemento da natureza tan querido polas crianzas en xeral!!

Chapotearon, molláronse uns aos outros, xogaron con esponxas e demais materiais, fixeron trasvases de auga,… En definitiva, pasaron unha mañá bárbara!!

XOGANDO COA AUGA

Escrito por calvario, o 25 Xuño 2010 14:49

Coa chegada do bo tempo, non dudamos en realizar cos máis peques da escola un obradoiro de auga. ¿A que nen@ non lle gusta xogar con ela? Non sabemos se haberá algun por ahí ao que non lle gusta. O que si sabemos é que ás crianzas da aula de Tartarugas lles fascinou por completo!!

AUGA, ESPONXAS, CORCHOS, TAPAS,… QUE BEN O PASAMOS!! E QUE BEN SE ESTABA NO PATIO ESA MAÑÁ!!