Anotacións coas etiquetas “Elefantes”

Día da Paz

Escrito por calvario, o 6 Febreiro 2012 14:25

O pasado día 30 de xaneiro, na escola festexamos o Día da Paz e todas/os xuntas/os cantamos:

“Non queremos guerras neste mundo por favor,

que todo o planeta viva unido no amor.

Brancos, negros, amarelos todas/os nunha cor,

todas/os nunha piña sen pelexas, sen rencor.”

Oxalá que pronto festexemos que non hai ningunha guerra no mundo!

Festa de fin de ano!

Escrito por calvario, o 10 Xaneiro 2012 17:36

Para despedir o ano, na escola decidimos celebrar unha gran festa, por iso vestímonos de gala e  preparámonos para pasalo en grande: tomamos as uvas da sorte, bailamos, cantamos e para rematar… desfrutamos dun riquísimo chocolate con churros!! Que rico estaba!

Todo o equipo quere desexarvos un moi feliz 2012 no que todos os vosos desexos se fagan realidade!

A COMPARTIR!!

Escrito por calvario, o 4 Xaneiro 2012 17:16

No Nadal case tódalas crianzas reciben moitos agasallos así que aproveitamos estas datas para facer un Obradoiro de intercambio de xoguetes e así lembrar o bonito que é poder compartir o xoguete que máis nos gusta cos/coas compañeiras/os!!

Cada crianza trouxo da casa o xoguete co que máis xoga, o que máis lle gusta ou o que lle deixou Papá Noel recentemente e compartiuno na escola. Desfrutaron moito con esta experiencia e observar cantos xoguetes diferentes tiñamos na escola ese día.

Gracias pola vosa colaboración!!

OBRADOIRO DE XOGUETES DE REFUGALLO

Escrito por calvario, o 27 Decembro 2011 15:27

Dentro das actividades programadas para o nadal, un ano máis na escola levamos a cabo un obradoiro de xoguetes con material de refugallo. Os obxectivos principais desta actividade son, por un lado, pasar un bo rato na compaña das familias, e polo outro comprobar que moitos obxectos do cotiá poder convertirse nun gran xoguete para as/os nosas/os pequenas/os.

Para iso, cada aula buscou un xoguete para deseñar coas familias. A aula das tartarugas elexiu un encaixable con botellas con diferentes materias no seu interior; a aula das xirafas un tambor e a aula dos elefantes un tren.

Ó rematar a xornada, cada crianza marchou para a súa casa cos seus novos xoguetes, que tiñan un valor engadido ó facelos coa axuda das súas familias!

O MAGOSTO

Escrito por calvario, o 18 Novembro 2011 16:25

A pasada semana, na escola celebramos “O MAGOSTO”. Para iso, recibimos a visita dunha castañeira que nos trouxo castañas asadas e cocidas!! Que ricas estaban!! Para rematar, xogamos, cantamos e bailamos festexando un ano máis o magosto!!

O SAMAÍN

Escrito por calvario, o 7 Novembro 2011 08:39

Un ano máis, para festexar ó Samaín por todo o alto, a nosa escola organizou un obradoiro de deseño de cabazas coas familias.

Coma cada curso, as mamás e os papás acudiron ó centro para agasallarnos con sonrisas, coa súa compañía e con estupendas cabazas, cada unha máis orixinal e divertida.

Ó rematar, fixemos unha exposición para que todas e todos as poidésemos admirar!!

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!!

MENÚS NOVEMBRO

Escrito por calvario, o 2 Novembro 2011 11:12

Á atención das familias;

Xa tedes á vosa disposición os menús do mes de novembro.

batedor

enteiro

OBRADOIRO DE TEAS E LÁS

Escrito por calvario, o 5 Agosto 2011 07:18

Esta semana repetimos o obradoiro que tanto lles gusta de teas e lás, as crianzas deixan voar a súa imaxinación e convertense en pantasmas, improvisad@s modist@s, poñen os manteis, ….

Coas lás fanse un lío e a algunha crianza tivemos que rescatala je je!!!

Actividades de verán!

Escrito por calvario, o 28 Xullo 2011 09:22

Como durante este mes de xullo non nos acompañou o bo tempo para facer actividades de auga, a aula das/os elefantes decidiu repetir algunhas das actividades que máis lle gustaran ó longo do curso. Había varias propostas: arxila, pintura, xeos,… e pouco a pouco fomos realizándoas todas!

Mentres agardamos o bo tempo, aquí tedes unha pequena mosta de todo o que fixemos!

ANIVERSARIO DE AVRAM!

Escrito por calvario, o 7 Xullo 2011 13:54

O pasado venres Avram, da aula das/os elefantes cumpriu tres aniños!!

Para celebralo fixemos unha gran festa no patio onde bailamos e cantamos, e para rematar… Avram convidounos a un anaquiño de tarta!

MOITOS PARABÉNS AVRAM e que cumplas moitos máis!