Anotacións coas etiquetas “Elefantes”

MENÚS NOVEMBRO

Escrito por calvario, o 2 Novembro 2011 11:12

Á atención das familias;

Xa tedes á vosa disposición os menús do mes de novembro.

batedor

enteiro

OBRADOIRO DE TEAS E LÁS

Escrito por calvario, o 5 Agosto 2011 07:18

Esta semana repetimos o obradoiro que tanto lles gusta de teas e lás, as crianzas deixan voar a súa imaxinación e convertense en pantasmas, improvisad@s modist@s, poñen os manteis, ….

Coas lás fanse un lío e a algunha crianza tivemos que rescatala je je!!!

Actividades de verán!

Escrito por calvario, o 28 Xullo 2011 09:22

Como durante este mes de xullo non nos acompañou o bo tempo para facer actividades de auga, a aula das/os elefantes decidiu repetir algunhas das actividades que máis lle gustaran ó longo do curso. Había varias propostas: arxila, pintura, xeos,… e pouco a pouco fomos realizándoas todas!

Mentres agardamos o bo tempo, aquí tedes unha pequena mosta de todo o que fixemos!

ANIVERSARIO DE AVRAM!

Escrito por calvario, o 7 Xullo 2011 13:54

O pasado venres Avram, da aula das/os elefantes cumpriu tres aniños!!

Para celebralo fixemos unha gran festa no patio onde bailamos e cantamos, e para rematar… Avram convidounos a un anaquiño de tarta!

MOITOS PARABÉNS AVRAM e que cumplas moitos máis!

OBRADOIRO DE XELATINA

Escrito por calvario, o 28 Xuño 2011 14:44

A semana pasada a aula das/os elefantes realizou un obradoiro de xelatina.

Primeiro, as/os nenas/os prepararon a xelatina e incluíron un ingrediente sorpresa e moi especial. Ó día seguinte, cando xa estaba lista, as crianzas xogaron, manipularon e comeron esta deliciosa xelatina!

ANIVERSARIO DE YAGO

Escrito por calvario, o 10 Xuño 2011 09:12

Esta semana, Yago da aula das/os elefantes estivo de aniversario e cumpliu 3 aniños!! Para celebralo, fixemos unha gran festa e convidounos a biscoito!!

Moitísimos parabéns Yago e que cumplas moitos máis!

Quero ser…

Escrito por calvario, o 30 Maio 2011 15:21

A semana pasada continuamos coñecendo profesións:

Rober, o noso PSX, viu á aula a mosarnos en que consiste o seu traballo. Ensinounos os utensilios que precisa para desenvolver as súas funcións e a continuación deixounos que lle axudásemos a realizar as súas tarefas ó longo da mañá: limpamos as mesas, montamos sesta, colocamos o comedor,… Todas e todos colaboraron activamente, encantoulles ser PSX! Moitas grazas Rober por colaborar con nós nesta actividade!

A finais de semana, o avó de Leire, tamén nos visitou para amosarnos en que consiste o seu traballo: é médico. Contounos un conto moi bonito sobre un médico que coidaba ás/ós nenas/os  e logo, acompañado de Leire, amosáronnos todos os instrumentos que precisa para o seu traballo: o termómetro, as luvas,… Desfrutamos un montón convertíndonos en médicos por un día!!

Moitas grazas ó avó de Leire por vir a visitarnos e a contarnos tantas cousas interesantes.

Máis visitas

Escrito por calvario, o 4 Maio 2011 15:07

Para finalizar o mes de abril, recibimos a visita de dúas familias máis:

- A nai de Beltrán viu ó cole a contar un dos contos favoritos das nenas e nenos da aula das/os elefantes: “COCORICO”. Pero ademais fixéronno dun xeito moi especial: con títeres!! Ó rematar, a mamá de Beltrán ensinounos como cociñar unhas ricas rosquillas!! Pasámolo moi ben!

- A nai de Nerea Román tamén se pasou pola aula para contar un conto que lle gusta moito a Nerea. O seu protagonista era “CAILLOU”  e nenas e nenos estiveron moi atentas/os ás súas aventuras. Logo, a mamá de Nerea cantou connosco moitas cancións, foi moi divertido!!

Dende aquí, queremos agradecerlle ás familias a súa colaboración, xa que sen elas, non sería o mesmo! Moitas grazas!!

Visítannos as familias!!

Escrito por calvario, o 14 Abril 2011 16:42

Dentro do centro de interese adicado aos contos, contamos cunha colaboración moi especial: algunhas familias van a visitarnos na aula e a contar o conto que elixan as/os súas/seus fillas/os e logo faremos unha actividade relacionada con el.

A primeira visita foi a da mamá de Sara Osorio. Acudiu ó cole a contarnos o conto de “Os tres porquiños” e a continuación propúxonos facer un marcapáxinas coa cara dun porquiño e logo as tres casiñas dos porquiños para que poidan vivir moi tranquilos sen temerlle ó lobo feroz!

As nenas e os nenos da aula desfrutaron un montón, pero sen dúbida a persoa máis contenta era Sara que estivo moi atenta axudando á súa mamá en todo o que precisaba.

A mamá de Alma tamén nos visitou. Nesta ocasión elexiron o conto “O Gato con Botas”. As nenas e os nenos estiveron moi atentos descubrindo todas as aventuras que vivía este gatiño. A continuación,  caracterizaron ó protagonista do conto coa axuda da mamá de Alma.

Ás crianzas gustoulles moito a nova versión do conto que é o favorito de Alma, e por suposto a ela encantoulle ensinarlles o seu conto ás/ós compañeiras/os.

Moitísimas grazas á familia de Sara O. e de Alma pola colaboración prestada e por ter sempre un momento para compartir actividades con nós!!

PARABÉNS LEIRE

Escrito por calvario, o 12 Abril 2011 14:31

A semana pasada Leire da aula das/os elefantes cumpliu tres aniños!!

Aproveitando o bo tempo, fixemos unha gran festa no patio: bailamos, xogamos á roda,… Ademais convidounos a un anaquiño de tarta de chocolate, que rica! Pasámolo en grande!!

Moitos parabéns Leire e que cumplas moitos máis!!