Anotacións coas etiquetas “Engadir nova etiqueta”
Escrito por calvario, o 14 Outubro 2010 13:45
A RECICLAR
Escrito por calvario, o 2 Xullo 2010 11:08
Con motivo do día do Medio Ambiente na aula d@s Elefantes adicamos o mes de Xuño a reciclaxe. Aprendemos a clasificar papel, plástico e vidro. O principio custounos un pouquiño distinguir as cores dacordo con cada tipo de material pero pouco a pouco e con moito interese conseguímolo!!
Tamén aprendemos que con material de desfeito e imaxinación se pode crear un xoguete divertido e orixinal, mirade que interese poñemos para que quede ben bonito!!

Estivemos moi entretidos cos nosos prismáticos, xogamos con eles no xardín e ata observamos o conto en clase, cantas cores!!
OS OFICIOS
Escrito por calvario, o 18 Marzo 2010 18:22
PRIMEIROS PASIÑOS
Escrito por calvario, o 15 Marzo 2010 15:37
Na aula de Tartarugas xa comezaron a dar os seus primeiros pasiños vari@s nen@s!!
Candela foi a primeira en animarse e antes do ano xa quixo experimentar isto da marcha no plano vertical!
Thiago non quixo ser menos e entre tambaleos, desequilibrios e algunha que outra caida; logrou tamén corretear por todo o espazo dispoñible.
Pero non vaiades crer que foron os únicos ¿eh? Aqui podedes ver tamén os comezos de Xoán neste gran logro!!
E os de Lucas, que se animou aínda a semana pasada!!
CALQUERA OS PARA AGORA!!
QUE MAIORES VOS ESTADES FACENDO!! SODES UNS CAMPEÓNS!!!
ANIVERSARIO DE EDU
Escrito por calvario, o 19 Febreiro 2010 17:34
XA TEMOS UN ANIÑO!!!!
Escrito por calvario, o 16 Febreiro 2010 13:02
Na aula de tartarugas festexamos unha chea de aniversarios: xa teñen un ano Thiago, Xoán, Lucas e Candela!!
MOITOS PARABÉNS A TOD@S E QUE CUMPLADES MOITÍSIMOS MÁIS!!!
Obradoiro de xeos
Escrito por calvario, o 9 Febreiro 2010 17:59
Para traballar a diferencia entre frio e calor, na clase das Xirafas decidimos pintar con xeos, ¡¡¡que experiencia tan fantastica!!!!. Experimentamos os cambios que sufriu a auga, dende o seu tinxido, ata a sua conxelacion. Unha vez convertida en xeos, observamos como se derretia ó pintar e posteriormente no lavabo o votarlle auga quente.
¡Que ven o pasamos!
VIVINDO O ENTROIDO!!!!!!
Escrito por calvario, o 10 Marzo 2009 16:40
Como a semana anterior ó entroido traballamos as artes plásticas, decidimos que os nenos e nenas da galescola se sentiran como uns grandes pintores. Para iso fixemos coa axuda dos pais/nais uns preciosos disfraces. Aqui está o resultado.
Como o Día 20 tiñamos previsto un gran desfile pola peonil do Calvario, fixemos un pequeno ensaio, polas rúas mais cercanas á galescola.
¡E CHEGOU O GRAN DÍA!, por fin puidemos lucir os nosos fermosos disfraces baixo a atenta mirada dos viandantes e dos nosos papis e mamis.
E para rematar, despedimos o entroido cunha gran festa de disfraces, á que viñeron os pais e nais e na que degustamos productos típicos desta data.
Grazas a papás e mamás pola vosa colaboración. Deica a próxima festa!
ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS!!!!!!!!
Escrito por calvario, o 5 Marzo 2009 09:02
Durante unha semana enteira, na galescola estivemos traballando as artes plásticas. Ademais de convertir a galescola nun museo, as nosas nenas e nenos convertíronse nuns maravillosos artistas.
Mirade canto traballaron
Comezaron traballando con aceite corporal e pasta
Seguiron con simetría e dactilopintura
Estampación
Outro día arrugamos papeis coas mans empapadas en pintura de dedos
Mirade agora que ben o pasaron pintando con iogur de chocolate, puxeronse as botas comendo nel
E por último, a actividade estrela, pintaron con chocolate líquido. Disfrutaron moitisimo e tamén se puxeron as botas























